martes, 20 de enero de 2009

lunes, 12 de enero de 2009

Segunda xornada de formación

O sábado 17 de xaneiro de 2009, despois de que se celebre o Consello Político Nacional, no Hotel Santiago Apóstol (subida de San Marcos) en Compostela, a partir das 17h, terá lugar a segunda xornada de formación que versará da aplicación da Lei de Dependencia en Galicia.

O relator será Emilio Bellas.

Abertas a militantes e simpatizantes.

viernes, 9 de enero de 2009

Acto por Palestina

ACUDIDE!

LOITADE POLA DIGNIDADE DUN POBO ASOBALLADO!!

INTERNACIONALISMO SOLIDARIO!!

NON AO XENOCIDIO!!

XUSTIZA E REPARACIÓN!!!


Manifestación ás 20:00 horas, desde a Praza do Toural que rematará na Praza do Obradoiro.

Manifesto por Palestina

MANIFESTACION NACIONAL

ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS

CON PALESTINA
CONTRA DA MASACRE SIONISTA EN GAZA
POR UNHA PAZ XUSTA E DURADEIRA
PARA QUE REMATE ESTA MATANZA
VIVA O POBO PALESTINO


O chamado conflito palestino non é novo. Son xa moitos anos de violencia, de ocupación ilegal dos territorios, de morte, de sufrimento e destrucción. A actual intervención do exército israelí na franxa de Gaza ven de moi atrás. Estamos, unha vez máis, diante dun episodio de violencia indiscriminada e desproporcionada, unha auténtica matanza, especialmente contra dunha poboación civil á que se lle nega mesmo a posibilidade de fuxir.

Esta non é unha guerra, non existen exércitos enfrontados, nin igualdade de forzas, nin de recursos. Non existe simetría nin equilibrio entre partes por moito que algúns se empeñen en negar a evidencia. Non é posible a equidistancia. Os verdugos teñen nome coñecido e as vítimas tamén, cóntanse por miles, entre mortos e feridos. A vulneración dos dereitos humanos, a violación sistemática da legalidade internacional, dos acordos de paz e das resolucións das Nacións Unidas teñen un nome inequívoco, o Estado Sionista de Israel.

Trátase, xa que logo, dunha auténtica masacre, sen escrúpulo moral algún, sen respecto pola poboación máis indefensa, os anciáns, nenos e nenas, mesmo cooperantes internacionais, nin tampouco polas mesquitas, hospitais ou mesmo escolas, as escolas das Nacións Unidas, con identificación oficial, con coordenadas coñecidas e transmitidas, onde estaban refuxiados do horror centos de cativos e cativas palestinas. O sionismo non coñece límites.

O exército e o goberno israelí, sabémolo ben, son expertos tamén na ocultación da verdade, contan con axentes moi poderosos. Resulta escandaloso que manifesten que as accións militares actuais son en resposta ó lanzamento de foguetes caseiros desde Gaza, ¿acaso non coñecemos a política de asasinatos selectivos de dirixentes palestinos practicada por Israel nos últimos anos? ¿De destrucción de vivendas das súas familias? ¿Acaso un exército como o israelí non ten capacidade para detectar e localizar eses lanzamentos?

E en todo caso, ¿onde está a proporcionalidade da resposta?. Xa a coñecemos, balas contra pedras, tanques e mises contra a poboación civil, ocupación militar dos territorios palestinos, máis colonizacións fronte dos acordos de paz.

Son centos e miles os palestinos asasinados, os torturados nas cadeas israelís, os mortos como consecuencia do bloqueo, os inspeccionados e humillados a diario.

En ningún caso a morte de civís está xustificada, nin a violación sistemática dos dereitos humanos, nin a ocupación militar dos territorios palestinos, nin a vulneración permanente das resolucións das Nacións Unidas. O estado de Israel non ten credibilidade algunha. Perdeuna. É probablemente o estado do mundo que máis ten violentado a legalidade internacional, negado unha solución política a un conflito que se dilata inxustificadamente no tempo. Cada vez quedan menos persoas no mundo que podan crer as mentiras israelís. Indigna pensar que a brutal ofensiva militar israelí actual teña que ver coa súa propia axenda electoral. Traficar mortos por votos fai que abominemos do sionismo e das súas prácticas.

Pero non é posible unha solución militar na rexión. A comunidade internacional, a UE e o Estado Español teñen que propiciar -dunha vez por todas- unha solución política que pasa, inevitablemente, polo remate da ocupación militar, pola retirada israelí, por un alto o fogo inmediato, polo diálogo sincero para acadar unha paz xusta e duradeira sobre a base dos acordos internacionais.

A cidadanía galega, a sociedade civil global está con Palestina, está co pobo palestino, apoia e recoñece o seu dereito á existencia e a ter un estado propio. Como recoñece o dereito do pobo israelí á súa propia existencia e á súa seguridade. O que non se pode admitir é a violencia indiscriminada, a crueldade, o horror, as solucións bélicas para conflitos que son políticos. Por iso demandamos unha solución política definitiva, xusta e duradeira.

O estado español debería ter un papel moito máis activo na procura desa solución política. A UE, a comunidade internacional no seu conxunto, teñen a obriga moral e política de impoñer a Israel o respecto escrupuloso polas resolucións de Nacións Unidas, con toda firmeza, con medidas de boicot, como se fai con outros estados, como se fixo con Sudáfrica no seu momento, para rematar co réxime do Apartheid. Desde logo, como non se fai é tolerando que Israel ocupe territorios ilegalmente, masacre á poboación civil palestina, ou coa política de seguir vendendo armas a países en conflito, como segue a facer España, lamentablemente, e outros estados que se sentan no Consello de Seguridade da ONU.

Galicia enteira reclama unha paz xusta e duradeira na rexión, a resolución pacífica do conflito por medio do diálogo e do acordo, a fin da ocupación militar, a retirada de tódolos territorios palestinos ocupados, así como a persecución xurídica dos responsables desta matanza indiscriminada, un auténtico crime contra da humanidade.

En consecuencia esiximos que:

· Se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina
· Se deteñan tódolos ataques e bombardeos
· Se abran as fronteiras para as axudas humanitarias, especialmente en Rafah, xa que dende o 2006 nin o 10% das axudas enviadas á faixa de Gaza puideron pasar.
· A ONU lle outorgue a tódolos representantes lexítimos palestinos, incluíndo a Hamás, a oportunidade de sentarse á mesa do diálogo ao igual que Israel.
· O goberno español rompa as relacións diplomáticas e comerciais con Israel.
· A Xunta de Galicia se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.
· Se denuncie a venda de armas.
· Se promova o boicot aos produtos israelís e daquelas empresas que manteñan relacións comerciais con eles.
· Os medios de comunicación e a prensa internacional sexan neutrais.


¡VIVA PALESTINA!

¡VIVA GALICIA!

¡PAZ AGORA E PARA SEMPRE!

¡VIVA O POBO PALESTINO!

Organizacións Convocantes:

Coordinadora Galega de ONGDs
Coordinadora Galega pola Paz
Foro de Inmigración
Galiza por Palestina
Iniciativa polos Dereitos Humanos

...
A Ghentahla do Pichel
Acsur Galiza
Adiante
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Francisco Villamil
Asociación Galaico Arabe Jenin
Aturuxo
BNG
BRIGA
CC.OO de Galicia
Ciberirmandade
CIG
CNT
Colectivo dos Mozos Comunistas
Comité de Defensa das Rías
Coordinadora de Crentes Galegos
Corrente Vermella
Cosal
CUT
DSI
Encontro Irmandiño
Esculca
Esquerda Unida
FPG
Fuco Buxán
Fundación Araguaney
Fundación Galiza Sempre
Galiza Nova
Isca
Marcha Mundial das Mulheres
Médicos do Mundo
Movemento pola Base
Mundo Sen Guerras
Nós Unidade Popular
Partido Comunista dos Pobos de España
Partido Humanista de Galicia
PCPG
Plataforma Alternativa
Pola Esquerda
Seminario Galego de Educación para a Paz
Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG)
Socialismo Libertario
Solidariedade Internacional
UGT Galicia
Viraventos
Xustiza e Sociedade

Manifestación por Palestina

Comunicado remitido por Manuel Dios, do Seminario Galego de Educación para a Paz:

Con satisfacción debemos anunciar que hoxe chegamos a un acordo tódalas plataformas e organizacións convocantes de accións en solidariedade co pobo palestino en Galicia. Así, tanto as mobilizacións deste Sábado, día 10, nas distintas cidades e vilas de Galicia, como a Manifestación Nacional do Domingo, día 18, ás 12:00 horas, desde a Alameda de Compostela e ata a Quintana, contan co respaldo das organizacións que figuran en baixo, así como a de tódalas organizacións que asinan o Manifesto anexo.
Achégase o borrador do Manifesto que será leído no remate da Manifestación do Domingo en Compostela para que cada quen faga as aportacións oportunas antes do Martes, día 13 ás 20:00 horas.
Na reunión estiveron presentes: Esculca, Fundación Araguaney, Seminario Galego de Educación para a Paz, CNT, Marcha Mundial das Mulheres, Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza, Foro de Inmigración, Coordinadora de Crentes Galegos, Fundación Galiza Sempre, BNG, CC:OO de Galicia, UGT de Galicia, e Galiza por Palestina.
O lema da Manifestación será "Galiza con Palestina. Non ao masacre", en galego e árabe, e será portada exclusivamente por palestinas e palestinos. O resto das organizacións e entidades irán á continuación coas súas propias pancartas si así o desexan.
O xoves, día 15, ás 18:00 horas, haberá unha nova reunión nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz, para concretar e ultimar os aspectos técnicos.
Confiando en que podades dar a máxima difusión ós acordos, recibide un saúdo cordial.
Atentamente,

Manuel Dios Diz
Seminario Galego de Educación para a Paz

Galiza con Palestina

a continuación poñemos a vosa disposición o horario das diferentes concentracións que se realizarán en Galicia en apoio ó pobo Palestino

G A L I Z A C O N P A L E S T I N A N O N AO M A S A C R E
!XORNADA DE MOBILIZACIÓN POR PALESTINA NAS PRINCIPIAS CIDADES E VILAS GALEGAS.
As concentracións son abertas a tódalas organizacións que se queiran sumar e chamamos a poboación galega a sumarse a estes actos.
VENRES, DÍA 9 DE XANEIRO.
Ferrol: Concentración ás 20:00 horas, diante do Edificio de Xunta deGalicia, Praza Amada García.
As Pontes: Concentración ás 19:00 horas, na Praza do Hospital.
Ponferrada: Concentración, ás 20.30 horas na Praza do Concello.
SÁDADO, 10 DE XANEIRO.
Ponteareas: Concentración ás 13:00 horas, diante do Concello.
Vigo: Manifestación ás 18:00 horas, desde O Cruce da Vía Norte con Urzáiz que rematará na Porta do Sol.
Pontevedra:Manifestación Unitaria ás 20:00horas, na Praza da Ferrería.
Santiago: Manifestación ás 20:00 horas, desde a Praza do Toural que rematará na Praza do Obradoiro.
A Coruña: Concentración ás 20:30 horas,no Obelisco, Cantóns.
Lugo: Concentración ás 20:00 horas diante da Subdelegación

Manifesto contra agresión militar de Israel

A continuación podedes coñecer o manifesto que se lerá na manifestación unitaria que terá lugar en Madrid o 11 de xaneiro en solidaridade có pobo Palestino en Gaza

DECLARACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES POLÍTICAS Y SOCIALES: PONER FIN A LA AGRESIÓN MILITAR DE ISRAEL CONTRA GAZA


Ante la continuidad de la ofensiva militar de Israel, por tierra, mar y aire, contra Gaza –en el contexto de la ocupación que dura décadas y el bloqueo que sufre Palestina- que está causando miles de muertos y heridos entre su población, muchos de ellos niños; ante el hecho de que se realiza vulnerando el Derecho internacional y olvidando, por completo, la situación de emergencia humanitaria que vive su población; las organizaciones sociales y políticas abajo firmantes hacen la siguiente declaración:

Condenamos la injustificable e inhumana acción militar de Israel y exigimos su fin inmediato. El pretexto aducido por su Gobierno –los ataques con cohetes llevados a cabo por Hamás contra la población israelí- es inaceptable en relación con unas acciones de destrucción criminal, como castigo colectivo, que están causando miles de víctimas civiles.

Exigimos al Gobierno de España, a las instituciones políticas de la Unión Europea y a la ONU, su intervención decidida y urgente para imponer un alto el fuego permanente, organizar un plan de ayuda humanitaria que ponga fin a la situación de emergencia que vive la población de Gaza, y terminar con el bloqueo fronterizo. Criticamos profundamente la pasividad de la que han hecho gala, hasta el momento, las instituciones políticas internacionales, que está permitiendo la continuidad de la ocupación y la matanza de la población palestina. Todos los Estados miembros de la ONU tienen la obligación de proteger a la población civil contra las múltiples violaciones del Derecho Internacional Humanitario que se están produciendo.

Este nuevo y especialmente mortífero episodio del conflicto de la ocupación de Palestina por Israel pone de manifiesto, una vez más, la necesidad de resolver definitivamente el mismo con el cumplimiento de todas las resoluciones de las Naciones Unidas. A esta tarea tendrían que dedicarse sin demora, y en el marco de la ONU, sus principales actores, con la colaboración de los países de la Región y de las principales potencias mundiales. El derecho del pueblo palestino a crear un Estado soberano es la base necesaria de cualquier solución duradera que posibilite la convivencia pacífica de los pueblos palestino e israelí. Reclamamos a los gobiernos y a las instituciones internacionales la adopción de las medidas de presión necesarias, condicionales al respeto de los derechos humanos en las relaciones con Israel, para que se alcancen estos objetivos y para que se resuelvan las causas del conflicto, que no es otro que la ocupación.

Por todo ello, llamamos a la ciudadanía a participar en todas las manifestaciones y actos públicos que se han convocado en numerosas ciudades de España, expresando su solidaridad con el pueblo palestino. En particular, llamamos al pueblo de Madrid a participar en la manifestación que se llevará a cabo,

el Domingo, 11 de enero, a las 12 horas, desde Cibeles a Sol

¡POR EL FIN DE LA AGRESIÓN MILITAR DE ISRAEL A GAZA!
¡PAREMOS LA MASACRE DEL PUEBLO PALESTINO!
¡ALTO EL FUEGO, AYUDA HUMANITARIA Y FIN DEL BLOQUEO, YA!
¡NO A LA PASIVIDAD DE LA COMUNIDAD INTERNACIONAL!
¡CONTRA LA VIOLENCIA, POR LA PAZ JUSTA EN PALESTINA!
¡POR EL FIN DE LA OCUPACIÓN!
¡SOLIDARIDAD CON EL PUEBLO PALESTINO!

lunes, 5 de enero de 2009

REUNIÓN DO FORO DE INMIGRACIÓN, MÉRCORES 7, ÁS 20H30

O mércores 7 de xaneiro de 2009 terá lugar a primeira xuntanza deste ano do Foro de Inmigración coa seguinte orde do día:


1.- Aprobación da acta anterior.

2.- Información sobre a Xuntanza co Subdelegado de Goberno de A Coruña do día 11 de decembro. Xuntanza o xoves día 8 de xaneiro na Consellería de Vivenda polas axudas para a enmacipación de persoas novas.

3.- Valoración dos actos do 18 de Decembro

4.-Campañas Educativas Curso 2008-2009

5.- Cambios na Lei de Extranxeiría (BREVE EXPOSICIÓN DOS PRINCIPAIS CAMBIOS). Posicionamento do Foro Galego de Inmigración.

6.-Estudo da posibilidade e oportunidade de facer unha presentación das propostas do Foro aos grupos políticos con motivo das eleccións autonómicas do 1 de Marzo.

7.- Asemblea Galega, ano 2009. Información. Xuntanza con entidades de Galicia para 17 de Xaneiro de 2009

8- Boletín dixital “Sen Fronteiras”.

9.- Información de actividades próximas das entidades do Foro

10.- Rogos e Preguntas.

XUNTANZA EN GALERÍA SARGADELOS MÉRCORES 7, ÁS 19H

O mércores 7 de xaneiro de 2009, ás 19h, na Galería Sargadelos e despois do chamado de Galiza Por palestina, haberá unha xuntanza para artellar mobilizacións en contra da matanza de palestinos que leva a cabo Israel na franxa de Gaza.

viernes, 2 de enero de 2009

A HISTORIA TEN MEMORIA. ESQUERDA UNIDA ESIXE O CESE DE TODA COOPERACIÓN CON ISRAEL.

A HISTORIA TEN MEMORIA
O SIONISMO COMO COLONIALISMO, IMPERIALISMO E XENOFOBIA

ESQUERDA UNIDA ESIXE O CESE DE TODA COOPERACIÓN POLÍTICA CON ISRAEL

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A HIPOCRISÍA DO GOBERNO ESPAÑOL

O conflito Palestino-Israelí aséntase sobre unha inxustiza desde a propia orixe: a creación dun Estado de Israel artificial desde a imposición e a expropiación. Como afirman os Xudeos pola Xustiza en Oriente Próximo no seu informe de 2001, “o sionismo baseábase nunha visión errada e colonialista –imperialista, engadimos nós- do mundo, na que non importaban os dereitos dos habitantes indíxenas”. Desde finais do século XIX o Fondo Nacional Xudeu foi comprando terras en nome do proxecto sionista. Aspecto que se incrementou durante o mandato británico (1920-1948). Neste sentido, son famosas as palabras de Theodore Herzl, creador do sionismo, “trataremos de facer desaparecer á poboación árabe pobre a través da fronteira, conseguíndolle traballo en países de tránsito, mentres lle negamos traballo no noso propio país (...). Tanto o proceso de expropiación e o traslado dos pobres deben ser realizados con discreción e circunspección”. En 1919 a Comisión King-Crane estadunidense pasou 6 semanas en Siria e Palestina. O seu informe é demoledor sobre o alcance do Programa Sionista: “Nin un só oficial británico consultado polos comisionados pensaba que o programa sionista puidera realizarse sen recorrer á forza das armas. (...). Esa opinión por si soa evidencia un forte sentimento sobre a inxustiza do programa sionista (...). A reivindicación inicial, presentada a miúdo polos representantes sionistas, de que teñen dereito a Palestina baseado na súa ocupación de hai dous mil anos apenas pode ser considerada seriamente”.

Esa inxustiza inicial debe terse en conta en calquera posicionamento. A historia ten memoria. Como recoñecera o sionista Ben-Gurión no levantamento palestino dos anos 1936-1939 “politicamente somos os agresores e eles deféndense (...). O país é seu, porque eles o habitan, mentras que nós queremos vir aquí e implantarnos”. Esa agresión é a que segue perpetuándose. Esquerda Unida non é antisemita. Criticamos o sionismo. Defendemos a xustiza e a paz. E estas condicións non son as que busca Israel coas súas tácticas e estratexias. Esquerda Unida denuncia o continuado comportamento inhumano de Israel. Comportamento que conta co amparo hipócrita do mundo occidental, mundo –entre eles España- que lle vende armas a Israel, armas que matan a civís palestinos. Pero, aínda pesa no imaxinario de Occidente o feito de ollar cara outro lado cando o nazismo aplicou a solución final e levou a cabo o exterminio sistemático do pobo xudeu. Pero ese fúnebre, lamentable e inexplicable comportamento de Europa non pode significar negar as evidencias: Israel practica as mesmas accións racistas, fascistas, violentas e bélicas co pobo palestino:
a) guettización: confina aos palestinos nunha franxa; sepáraos das súas terras de labradío mediante un vergoñento muro;
b) estigmatización: en nome da “seguridade” someten á poboación palestina a humillantes prácticas de “cacheos”;
c) confiscación de bens: a enerxía, a auga, as terras, son bens dominados por Israel;
d) operacións bélicas de masacre, terror e medo: o bloqueo indiscriminado provoca fames, mortes por enfermidades evitables; e con certa periodicidade a maquinaria bélica, coa xustificación concedida polos xestores europeos e estadunidenses (onde está o salvador Obama??), entra nos territorios palestinos e esnaquiza aldeas, coas súas casas, escolas e outros edificios e mata a persoas civís.
e) limpeza étnica: desde os seus inicios, pero con máis forza desde 1948 (750 000 palestinos exiláronse e convertéronse en refuxiados sen posibilidade de retorno) o programa sionista conleva o traslado dos arabes aos países veciños. Ben Gurión falara de “traslado coercitivo”, ao que consideraba moral para acadar a finalidade: expulsar aos palestinos da súa terra para crear o artificial estado sionista. Con ese fin inventaron motivos para iniciar guerras, como a de 1967, que lle permitiu confiscar o 52% das terras de Cisxordania e o 30% da franxa de Gaza. E Europa – EE.UU. seguiron, como hoxe, admitindo o inadmisible.

Hoxe, estas operacións supoñen a morte de 325 persoas, un milleiro de persoas feridas e a fuxida de milleiros de palestinos cara a terras veciñas. TODAS ESTAS ACCIÓNS SON AS MESMAS TÁCTICAS E ESTRATEXIAS QUE LEVARA A CABO O XENOCIDA HITLER CO POBO XUDEU. NON PODEMOS SEGUIR ADMITINDO NO NOSO NOME ESTA BARBARIE.

Esquerda Unida reitera que deben suprimirse todas e cada unha das accións de cooperación co goberno xudeu. España, Europa non deben participar máis nesta barbarie. E neste sentido, son vergoñentos os contratos armamentísticos con Israel. Vergoña que debera indignar ao goberno español, se a tivese, xa que ten sobradamente amosado o seu carácter bífido, tal como o demostra a autodeterminación do pobo saharaui.

A muller comunista Odette Elina sobreviviu a Auschwitz-Birkenau entre 1944-1945 e deixou un libriño, “Sen flores nen coroas”, impresionante, onde recolle o inferno padecido no campo de concentración nazi. Algunhas situacións, de forma triste, repítense na Franxa de Gaza despois dos bombardeos xudeus. Porque nada hai máis cruento que a morte de nenos e nenas:

Anka
A miña pequena morta de sete anos. Unha meniña que semellaba unha vella. Cada día volvíase máis escuálida, supuraba máis, maior era a súa diarrea; tamén máis autoritaria, máis malvada, máis miserable, máis moribunda. Morreu. Ninguén quixo axudarme a cargar co corpo. Un morto, cando medrou máis da conta aos sete anos, pesa. Tiven que arrastrala, pola neve, ata o feixe de cadáveres.


PERMANECER INDIFERENTES ANTE ESTAS MORTES CONVÉRTENOS EN ASASINOS E CRIMINAIS POR OMISIÓN DO DEBER DE AXUDA.

Xabier Ron
29-decembro-2008

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A PRIVATIZACIÓN DO COMPLEXO DO MONTE GAIÁS

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A PRIVATIZACIÓN DO COMPLEXO DO MONTE GAIÁS

YOLANDA DÍAZ, DEMANDA A DISOLUCIÓN DA FUNDACIÓN GAIÁS

Esquerda Unida quere denunciar o novo paso dado polo bipartito coa entrega ao capital privado das partes do complexo do Gaiás que se prevé que poidan ser rendibles, as pezas do complexo que van xerar maiores ingresos, a saber, o Escenario Obradoiro e o Centro de Arte Internacional, espazos que nas previsións non funcionarán até o ano 2012.

É inconcebible que un proxecto á procura aínda de claros contidos e de sentido, que ten consumido importantísimos recursos públicos (a estimación do proxecto bordea os 500 millóns de euros e un custo anual de mantemento no ao redor dos 60 millóns) sexa entregado agora na súa xestión ao capital privado.

Gustosos das fotos coa gran empresa galega, a entrega ao capital privado entra de cheo na receita neoliberal que practica o bipartito: negarlle o pan aos servizos públicos para que funcionen cada vez pior e ter así xustificante de traslado ao capital privado. O futuro dirá a cambio de qué se privatiza o público e cal é a política de favores na que está mergullado o bipartito.

Esquerda Unida aposta por outra concepción da cultura, por un fin distinto dos investimentos culturais, que terían xogado efectos decisivos na vida do país de empregarse nunha concepción da cultura que prime o carácter de base e social das intervencións no eido cultural.

Por iso, Esquerda Unida solicita que se anulen os orzamentos millonarios destinados ao Gaiás (máis de 50 millóns nos do 2009) orzamentos que deberan reverter en ben social (sanidade, educación, servizos sociais...) para a meirande parte da poboación e non para que o capital privado, por riba de acadar a xestión, se aproveite do diñeiro de todos os galegos e galegas. Igualmente, pedimos a disolución das Fundacións da CdC que se están erixindo en “chiringuitos” de amigos e outros clientes. As mentiras do bipartito sobre a imposibilidade de paralizar o mausoleo de Fraga son dantescas, xa que se ten calculado que, de facelo, suporía un 6% dos custos de construción licitada. Pero este goberno non tivo nin ten valentía e déulle continuidade ao proxecto Fraga. Os edificios deberan ser destinados a tarefas máis relevantes: ben como edificio administrativo, ben procurando a reconversión en edificios de maior uso social. Hoxe, mesmo despois do paripé de reconverter os contedores do Gaiás, vemos como se produce un enorme desaproveitamento do espazo e unha clara predisposición por unha cultura enlatada, afastada da realidade cultural galega e das necesidades reais do pobo galego.