miércoles, 17 de abril de 2019

Á DEMOCRACIA ÚRXELLE SABER ONDE ESTÁN OS MORTOS E AS MORTAS




O 18 de xullo de 1936 os montaraces xenerais Franco, Goded, Mola e Queipo de Llano, erguéronse en armas contra a arma da palabra, que apenas 96 días antes falara nas urnas alto e claro: 40 deputados máis lle outorgaron as urnas ao Frente Popular e 40 deputados menos lle outorgaron ao Frente dos canallas xenerais alzados en armas. Así foi como o felón xeneral ártabro abriu a espita do sangue, así mesmo foi como correu o sangue a enxurradas polas cunetas de Galicia e de España. 


Non poucas e non poucos das desaparecidas e desaparecidos cando entonces aínda non se sabe a dia de hoxe en que lugares ignotos de Galicia e de España están sendo comestos polas caramechas.

jueves, 11 de abril de 2019

Escrito acto República


ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA E O PCG LEVARÁN A CABO UN ACTO EN RECORDO DAS PERSOAS REPRESALIADAS POR DEFENDER A LEGALIDADE REPUBLICANA.

O sábado 13 de abril, ás 12:00, na parte traseira da vella empresa azucareira de Iria Flavia-Padrón, Esquerda Unida Compostela e o PCG organizan un acto con motivo da proclamación da República, o 14 de abril de 1931.

Precisamente, por defender a legalidade republicana, os seus valores democráticos, centos e centos de persoas estiveron presas no campo de concentración que o franquismo instalou nas dependencias da empresa azucareira. Un campo que durou desde decembro de 1937 e abril de 1940, con capacidade recoñecida para 1.700 presos.

Hoxe, cando as persoas transitan pola nacional, tanto en sentido Padrón como Santiago, poucas saben que, no que queda da empresa azucareira, Franco instalou un campo de concentración, un espazo de represión para someter ás persoas republicanas e 'extirpar el gen rojo' como dicía o sádico psiquiatra do réxime, Antonio Vallejo Nágera.