O 18 de xullo de 1936 os montaraces xenerais Franco,
Goded, Mola e Queipo de Llano, erguéronse en armas contra a arma da palabra,
que apenas 96 días antes falara nas urnas alto e claro: 40 deputados máis lle outorgaron
as urnas ao Frente Popular e 40 deputados menos lle outorgaron ao Frente dos canallas
xenerais alzados en armas. Así foi como o felón xeneral ártabro abriu a espita
do sangue, así mesmo foi como correu o sangue a enxurradas polas cunetas de Galicia
e de España.
Non poucas e non poucos das desaparecidas e desaparecidos
cando entonces aínda non se sabe a dia de hoxe en que lugares ignotos de
Galicia e de España están sendo comestos polas caramechas.