Mostrando entradas con la etiqueta economía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta economía. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de enero de 2018

Xuntanza con CCOO



A COORDINADORA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MANTÉN UNHA XUNTANZA CON REPRESENTANTES DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO SANTIAGO-BARBANZA.

A CC DE EU REITERA O SEU COMPROMISO NA LOITA POR RECUPERAR OS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS ROUBADOS NESTA CRISE-ESTAFA QUE SEGUIMOS A PADECER.

Os membros da Coordinadora Comarcal de EU Compostela, Alexandre Vila Peleteiro e Vicente Vázquez Freire, mantiveron unha xuntanza con representantes de CCOO.
Durante este encontro foron varios os temas expostos polos representantes sindicais que mostraron unha amarga realidade laboral, na que a precariedade e temporalidade marcan un presente e futuro terrible para a clase traballadora.
Como se evidenciou na xuntanza, a comarca de Compostela centra a súa actividade económica principalmente no sector servizos, sendo a hostalería e o comercio os que contribúen, en gran medida, a condicións laborais que non garanten o benestar das veciñas e veciños.

lunes, 27 de noviembre de 2017

Mina Touro-O Pino

A COORDINADORA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MOSTRA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO PROXECTO MINEIRO EN TOURO - O PINO.

A CC OPONSE AO ESPOLIO E DESTRUCIÓN DA TERRA PARA O LUCRO PRIVADO, HAI ALTERNATIVAS PARA UNHA ECONOMÍA SOCIAL SUSTENTABLE ECONÓMICA E MEDIOAMBIENTALMENTE.


Os membros da Coordinadora Comarcal de EU, Fran Prieto e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza con representantes da plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON que, sobre o terreo, mostraron a realidade do proxecto.
Durante este encontro foron varios os temas que preocupan sobre esta iniciativa privada. En primeiro lugar a falta de información e transparencia sobre o mesmo, basta dicir que o trámite de audiencia pública sobre este proxecto apareceu no DOG no mes de agosto.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Defensa das remunicipalizacións




A COORDINADORA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A DEFENSA DA NOSA ORGANIZACIÓN POLA REMUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PUBLICOS PRIVATIZADOS.

A CC MANIFESTA O SEU APOIO ÁS XESTIÓNS QUE SE LEVEN A CABO PARA INTENTAR REMUNICIPALIZAR O SERVIZO DA AUGA, OU CALQUERA OUTRO.

A Coordinadora Comarcal (CC) de Esquerda Unida Compostela considera que deben ser as Administracións Públicas as que presten, con calidade, eficacia e eficiencia, servizos de titularidade e xestión pública que satisfagan as demandas sociais que a cidadanía precisa para o seu benestar.
Consideramos que os dereitos esenciais, como o da auga, deben afastarse do lucro das mans privadas e encamiñarse cara o beneficio das veciñas e veciños. É máis que obvio que a xestión pública garante un servizo centrado en satisfacer as necesidades da maioría social, respectar o medio ambiente, promover condicións laborais xustas e, entre outras vantaxes máis, articular controis democráticos.

viernes, 14 de agosto de 2015

Alegacións presentadas aos PGE 2016



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PRESENTA ALEGACIÓNS AOS PGE 2016 POR IMPORTE DUNS 15 MILLÓS DE EUROS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA MAIORES RECURSOS PARA MANTEMENTO E CONSTRUCIÓNS DAS INFRAESTRUTURAS QUE SANTIAGO PRECISA.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, a través do grupo parlamentario de Izquierda Unida, presenta alegacións aos PGE 2016 ante a necesidade de investimentos que precisa Santiago e a súa comarca.

Entre as alegacións presentadas está a necesidade de executar, coa maior rapidez posible, a construción da nova depuradora. Por desgraza é evidente que a día de hoxe a situación que padece a nosa comarca supón un risco medio ambiental e de saúde público. Por tal motivo esiximos un adianto da contía prevista para o 2017 para o ano 2016, e poder así contar canto antes coa depuración de augas que precisamos.

Para o Consello Comarcal de EU Compostela un novo modelo sustentable económica e medioambiental de transporte público e máis necesario que nunca. Tanto o tren como o autobús teñen que ter un rol determinante neste novo modelo que se debe levar a cabo. Por iso demandamos, nas alegacións presentadas, que se dote debidamente  tanto a construción da estación intermodal, na que o tren de proximidade e diferentes liñas de autobús urbano, interurbano e de largo de recorrido sexan una realidade o antes posible, como o estudo para facer real un plan global de mobilidade sustentable.

martes, 12 de mayo de 2015

Acto Pontepedriña



MARÍA ROZAS MANIFESTA QUE OS ORZAMENTOS SON O CORAZÓN QUE DA VIDA A UNHA CIDADE DE TODAS E PARA TODAS AS PERSOAS, AS VECIÑAS E VECIÑOS CODECIDIREMOS COMO DEBE INSVESTIR O CONCELLO OS CARTOS PÚBLICOS.

COMPOSTELA ABERTA TEN PROPOSTAS, NON VACUAS PROMESAS, PARA REVITALIZAR A VIDA COLECTIVA NOS BARRIOS.


Martiño Noriega e María Rozas, xunto con Xan Duro, proseguindo cos encontros con distintos barrios da cidade, escoitaron as propostas e queixas que manifestaron as veciñas e veciños de Pontepedriña.

CA propón no seu programa recuperar os barrios para a veciñanza, é necesario dotalos de espazos públicos que faciliten a vida colectiva. Dende o parque infantil ata a mellora do CSC, Pontepedriña debe beneficiarse de medidas que colaboren a satisfacer as demandas expresadas polas veciñas e veciños.

Para María Rozas “as persoas que decidimos formar parte de CA o fixemos polo compromiso de poder facer as cousas doutra maneira, móvemos a ilusión por recuperar o Concello para a maioría social, facendo propostas concretas e posibles, non vacuas promesas”.

lunes, 11 de mayo de 2015

Acto en Figueiras



MARÍA ROZAS MANIFESTA QUE COMPOSTELA ABERTA PRESENTA UN EQUIPO PARA GOBERNAR, CON PERSOAS CON EXPERIENCIA PARA CADA EIDO DA XESTIÓN MUNICIPAL.

O RURAL EXISTE E CON COMPOSTELA ABERTA OUTRA FORMA DE GOBERNAR É POSIBLE, RESPETANDO OS DEREITOS DE TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS.


Martiño Noriega e María Rozas participaron no encontro de Compostela Aberta coa veciñanza de Figueiras, comprobando, como en anteriores encontros, o abandono que padece o rural de Santiago.

É necesario, a través da participación cidadá, elaborar plans de actuación para corrixir as deficiencias que padece a xente que vive nas parroquias. Infraestruturas, saneamento, transporte público, mantemento, internet e todo o que sexa preciso para respectar os dereitos das veciñas e veciños teñen que ser executados paulatinamente.

María Rozas expuxo que “CA presenta unha candidatura para ter un equipo de goberno ao servizo da cidadanía, debemos recuperar o Concello, temos que gañar Compostela”. Ante estes catro anos de nefasta xestión do Partido Popular “as persoas que dimos o paso de participar nestas lista encabezada por Martiño o facemos por honestidade, por compromiso, porque creemos que outra forma de gobernar é posible”

sábado, 9 de mayo de 2015

Actos en Marantes e Carballal



MARÍA ROZAS DENUNCIA A DEFICIENTE FINANCIACIÓN PARA O RURAL DE COMPOSTELA, OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS NON SATIFACEN AS DEMANDAS DAS VECIÑAS E VECIÑOS.

É NECESARIA, ENTRE OUTRAS MEDIDAS, A DESCENTRALIZACIÓN DE SERVIZOS E UN PLAN DE MOBILIDADE SUTENTABLE QUE ATENDA ÁS NECESIDADES DA VECIÑANZA.


María Rozas, xunto con Jorge Duarte e Rafa Peña, participou nos encontros de Compostela Aberta coa veciñanza de Marantes e Carballal, escoitando as distintas propostas e denuncias que dende o rural compostelá manifestan.

A descentralización de servizos, entre outras, é unha das medidas que se consideran necesarias para mellorar a realidade das parroquias. Recuperar as antigas oficinas de Enfestas na que, por exemplo, prestar servizos de asesoramento xurídico, axudaría a mellorar a situación de vida das veciñas e veciños, sentíndose parte o concello non cidadanía de segunda.

María Rozas denunciou que “os orzamentos municipais rexistran un investimento de 35,8 euros por habitante no rural, cando para a zona urbana é de 153 euros por habitante”. Acreditando a enorme diferenza na prestación de servizos que padecen as persoas que viven nas parroquias de Santiago, sendo necesario un plan de actuación que atenda as súas demandas.

jueves, 16 de abril de 2015

Apoio ás traballadoras e traballadores de Blanco



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MOSTRA O SEU APOIO AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE BLANCO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ANIMA A PARTICIPAR NA MOBILIZACIÓN DE APOIO ÁS PERSOAS DESPEDIDAS QUE TERÁ LUGAR O VENRES 17 DE ABRIL ÁS 12:00 DIANTE DA TENDA DE BLANCO EN XENERAL PARDIÑAS.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera a súa defensa dos dereitos da clase traballadora, que baixo a escusa da crise-estafa que padecemos sofren o ataque constante das políticas neoliberais que procuran a súa desaparición.

É máis que evidente, grazas as medidas empezadas polo PSOE e acrecentadas polo PP, que, hoxe en día, abandonamos calquera tipo de seguridade laboral por una neoescravitude, na que as persoas non son máis que meros instrumentos ao servizo do lucro duns poucos.

miércoles, 7 de enero de 2015

Moción contra o TTIP



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela únese á denuncia de que a Unión Europea (UE) e os Estados Unidos de América (EUA) están a negociar, de costas á cidadanía e aos seus representantes políticos (parlamentos nacionais e europeo), un amplo acordo de liberalización de comercio e investimentos, que representa un serio perigo para a democracia e a debida protección dos dereitos laborais, ambientais e de saúde, antepoñendo o interese comercial dos investidores e empresas transnacionais (ETN) ao interese xeral.

O TTIP, ao perseguir a liberalización total dos servizos públicos e a apertura de prestación destes ás ETN, así como ás compras e licitacións de bens e servizos das Administracións Públicas, pon en perigo todos os servizos públicos e as compras públicas, en todos os niveis de poder, e compromete a habilidade dos representantes elixidos para administrar libremente as súas comunidades locais e promover a industria, emprego e iniciativas locais.

Deste modo, as leis do comercio priman sobre calquera outra consideración social, e ignoran calquera lexislación continental, estatal, autonómica ou local. As comunidades locais encóntranse elas mesmas dominadas por axustes estruturais restritivos debidos aos acordos e as políticas de libre comercio e de protección do investidor. Esta lóxica desmantela os servizos públicos e suprime a liberdade dos poderes locais para subministrar os servizos públicos e satisfacer as necesidades sociais das súas poboacións, atendendo a políticas e plans de desenvolvemento industrial e de fomento da industria e emprego locais.

lunes, 29 de diciembre de 2014

Moción subvencionar IBI a persoas en risco de exclusión social



O grupo de traballo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela considera que calquera Administración Pública ten que ter, entre un dos seus obxectivos principais, garantir o dereito a unha vivenda digna.

Consideramos que para que o acceso a unha vivenda digna sexa unha realidade para a maioría social é necesario destronar o actual modelo, que busca o lucro privado, tal e como se pode comprobar co pelotazo urbanístico que o PP defende coa operación especulativa de Xoán XXIII.

Dende o grupo de  traballo de políticas sociais de EU Compostela, para acabar con este modelo antisocial, que ten á vivenda como un negocio e non como un dereito, apoiamos, entre outras moitas medidas, a creación dunha axencia pública municipal de aluguer social, presentada en marzo de 2012. Tamén consideramos necesaria a creación dun Servizo Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar, como propuxemos en outubro de 2013.

viernes, 26 de diciembre de 2014

Valoración orzamento municipal



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA OS ORZAMENTOS DO PP PARA SANTIAGO COMO INVIABLES E MERAMENTE ELECTORALISTAS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DENUNCIA QUE OS ORZAMENTOS DE AGUSTÍN HERNÁNDEZ PRIORIZAN OS GASTOS SUPERFLUOS EN LUGAR DO BENESTAR DAS VECIÑAS E VECIÑOS.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que os orzamentos presentados polo Concello de Santiago de Compostela para o ano 2015 son de imposible viabilidade e as súas prioridades, un ano máis, son as grandes obras e os gastos superfluos en vez do benestar da veciñanza e paliar as inxustizas sociais da nosa cidade.

O Partido Popular preséntanos uns orzamentos con dubidosas prioridades. Partidas de obras non necesarias con contías elevadas fronte ás partidas de acción de social, de promoción do emprego ou de vivenda. O PP compostelán comezou con este orzamento a súa  campaña electoral para as vindeiras eleccións municipais. Promesas de grandes gastos vistosos para a foto de inauguración, mais esquecendo o futuro, o custo de mantemento.

Este goberno municipal non fixo os deberes como alardea o alcalde, os orzamentos son irreais, inflados, inviables, establecen gastos en investimentos sen ter garantida a súa contrapartida en ingresos, dependendo esta da venda de terreos propiedade do Concello. E para Esquerda Unida non se pode facer negocio co patrimonio público do solo. O Partido Popular presume da rebaixa do IBI urbano en 0.03, parece esquecer que só fai 2 anos a veciñanza de Compostela sufrimos un incremento neste imposto de case o 14 %. As contas demostran a precaria situación do noso Concello, froito da pésima xestión de anos, endebedado, tendo que empregar o remanente do ano 2014, máis de 5 millóns de euros,  ao pago da débeda.

martes, 1 de julio de 2014

Defensa emprego estable e de calidade



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defendeu, defende e defenderá que o Concello sexa parte activa na loita por acadar a consecución de emprego estable e de calidade, que non é un privilexio, se non un dereito de todas as veciñas e veciños.

Por suposto sabemos que a Administración Local ten certas limitacións para actuar de maneira potente nas políticas de emprego, sendo outras administracións a que teñen moitísima maior capacidade de incidencia neste eido.

Dito isto, a deficiente atribución de competencias ao Concello, non pode ser escusa baixo a que amparar a imcompetencia que leva demostrado o PP no goberno local. A Administración Local pode actuar tanto activamente, como tamén concienciando, esixindo ou denunciando o que sexa necesario para acadar o dereito a un emprego estable e de calidade para a cidadanía.

viernes, 14 de febrero de 2014

Apoio traballadores cafetería estación de autobuses



O CONSELLO COMARCAL DE EU APOIA  AS EMPREGADAS E EMPREGADOS DA CAFETERÍA DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE COMPOSTELA, CUXOS POSTOS DE TRABALLO CORREN PERIGO

DENDE O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PEDIMOS AO CONCELLO QUE SE INVOLUCRE NA BÚSQUEDA DUNHA SOLUCIÓN

Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela o mantemento dos servizos e postos de traballo na cidade, así como a defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores, é unha prioridade.

Queremos mostrar o noso apoio ás reivindicacións dos traballadores da cafetería da estación de autobuses, que ven perigar os seus postos de traballo, en moitos casos tras décadas exercendo a súa labor nesta instalación.
 
Consideramos necesario que o Concello, como servizo público que é, se involucre na busca dunha solución ao problema xerado polo deficiente xestión de Tussa e que nada ten que ver co traballo realizado.

jueves, 13 de febrero de 2014

Valoración e alegacións aos orzamentos



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA OS NEFASTOS ORZAMENTOS PRESENTADOS POLO PP, QUE PERPETÚAN A SÚA INEPTA POLÍTICA DE OBRAS INNECESARIAS E CARENTE DE VONTADE POLÍTICA PARA LEVAR A CABO MEDIDAS SOCIAIS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PRESENTA MÁIS DE TRINTA ALEGACIÓNS PARA GARANTIR OS DEREITOS E BENESTAR DAS VECIÑAS E VECIÑOS.

O Consello Comarcal de EU Compostela considera que o PP reitera nos orzamentos municipais presentados a súa nefasta xestión, mostrando máis interese polo ladrillo que polas persoas.

É inadmisible para un goberno que coñeza a realidade social da cidade, presentar unha proposta de orzamentos na que se perpetúan as ocorrencias urbanísticas do equipo de Ángel Currás, con cada vez máis obras que nin son urxentes, nin prioritarias, e o que é peor, non son necesarias.

Por iso dende o Consello Comarcal de EU Compostela, tralas xuntanzas mantidas con diferentes organizacións da cidade, como por exemplo o albergue de Xoán XXIII ou a cociña económica, presentamos alegacións para investir os cartos de todas e todos nos nas políticas sociais que nesta cidade precisamos.

jueves, 9 de enero de 2014

Medidas para previr a pobreza enerxética



A pobreza enerxética pódese definir como aquela situación que sofre un fogar incapaz de pagar unha cantidade de servizos da enerxía suficiente para a satisfacción das súas necesidades domésticas e/ou cando se ve obrigado a destinar unha parte excesiva dos seus ingresos a pagar a factura enerxética da súa vivenda.

A pobreza enerxética depende fundamentalmente de tres compoñentes: os ingresos familiares, os custos da enerxía e a calidade da vivenda en canto á súa eficiencia. Segundo a Enquisa de Orzamentos Familiares -EPF- e a Enquisa de Condicións de Vida -ECV, arredor do 10% da poboación española sófrea (4 millóns de persoas). A ECV de 2011 destaca que o 6% da poboación non pode manter a súa vivenda a unha temperatura adecuada, porcentaxe que se sitúa no 8% o caso de mulleres que habitan soas. 

O último informe do Observatorio de Vulnerabilidade de Cruz Vermella sinala que preto do 58% das persoas atendidas por Cruz Vermella durante o 2013 tiña problemas para manter a súa casa a unha temperatura óptima, un 16% máis que no 2011. Outro dato é que unha de cada tres persoas atendidas por Cruz Vermella non pode pagar as subministracións básicas, como a auga, a luz ou o gas.

jueves, 12 de diciembre de 2013

Moción cláusulas sociais



O grupo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe prestar os servizos públicos que a cidadanía demanda.

Por suposto consideramos que este servizos teñen que ser de titularidade e xestión pública, posto que así se garante a calidade do servizo, asegúranse as condicións laborais das empregadas e empregados e respectase o medio ambiente.

Mais nesta crise-estafa que padecemos son levadas a cabo nefastas privatizacións que precarizan as condicións laborais e provocan a merma de calidade no servizo prestado, co único fin de alimentar o lucro privado en detrimento das necesidades da maioría social.

martes, 12 de noviembre de 2013

Pregunta Urbana Norte



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario que o Concello acometa as medidas oportunas para mellorar a formación dos traballadores e traballadoras da cidade, por iso considera que calquera programa que tenda a mellorar a cualificación profesional dos mesmos é unha iniciativa positiva.

O Programa de Cualificación Profesional da iniciativa Urbana Santiago Norte, é un programa interesante para os traballadores e traballadoras por canto mellora as súas posibilidades de conseguir un posto de traballo cualificado, dado que consiste na realización de accións formativas en diferentes materias (informática, idiomas, prevención de riscos laborais...).

Este programa está dentro do proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), contando cun presuposto de 250.000 €, que inclúe un servizo de asesoramento, un calendario de actividades formativas e unha aplicación web.

O pasado día 20 de setembro de 2013 iniciouse a Campaña de información do Programa de Cualificación Profesional da iniciativa Urbana Santiago Norte. Segundo a información reflectida na paxina web da iniciativa Urbana Santiago Norte, esta campaña levouse a cabo os días 20, 21, 23 e 25 de setembro.

Para a realización desta Campaña na colocación de sete puntos de información distribuídos dentro da área de actuación da Iniciativa Urbana Norte:

- En Vista Alegre, no cruce da rúa Parque San Xoán.
- En Vite, na avenida de Castelao.
- En Guadalupe, na rúa de García Lorca.
- En Salgueiriños, na rúa de Melide.
- En San Pedro, na praza do Cruceiro.
- En Basquiños, na rúa Pastoriza.
- Na praza de Meixonfrío.

Estes puntos de información tiñan como obxectivo informar e realizar todos os trámites de inscrición nas actividades formativas.

Como recursos materiais para o desenvolvemento de dita acción informativa colocáronse sete oficinas móbiles como puntos de información, que soamente estiveron presentes catro días. Consideramos que na area de actuación da Iniciativa Urbana Norte, hai infraestruturas asociativas, do concello ou educativas, suficientes para acometer dita campaña de información sen necesidade de adicar parte do presuposto desta campaña a construír ditas casetas informativas.

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

1.- Cal foi o número de usuarios atendidos en ditas oficinas de información e a modalidade pola que foi contratado o persoal que os atendeu.

2.- Canto custou a colocación destas casetas e se foron alugadas ou compradas polo Concello

3.- Se o Concello as comprou que outras  finalidade lles vai a dar

4.- Se o programa de Cualificación profesional ten un plan de execución nos anos 2012-2013 porque esta iniciativa non se levou a cabo no ano 2012.

5.- Cales son as accións formativas concretas que se van programar en base a demanda recollida por ditas casetas, e cantos  veciñas e veciños se van beneficiar por dito programa de formación

6.- Como interveu neste programa o Órgano de Participación Cidadá do proxecto Urbana Santiago Norte.

7.- Se as accións formativas programadas se coordinaron cos centros integrados de formación profesional de Santiago de Compostela, de maneira que se trate de complementar a formación que estes imparten.

jueves, 10 de octubre de 2013

Apoio traballadoras escolas infantís de Conxo e Fontiñas



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA AS TRABALLADORAS DAS ESCOLAS INFANTÍS DE CONXO E FONTIÑAS EN LOITA POLA DEFENSA DOS SEUS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA A SÚA DEFENSA E COMPROMISO POLA REMUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS PRIVATIZADOS

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela apoia as mobilizacións que as traballadoras das escolas infantís de Conxo e Fontiñas leven a cabo en defensa dos seus dereitos.

Esiximos que a empresa concesionaria CLECE cambie a súa despótica actitude, e cumpra co deber de escoitar e dialogar cos sindicatos que representan as traballadoras despedidas. Tamén demandamos ao Concello que non fique impasible e interceda en defensa dos dereitos laborais das mulleres despedidas, e  procure acadar un acordo que satisfaga as súas xustas reclamacións.

Como xa ocorrera con URBASER, estamos ante unha nova mostra da perda de dereitos laborais e sociais, que para as traballadoras e traballadores, supón a nefasta privatización de servizos que, sempre, deberon ser de titularidade e xestión pública.

En xaneiro xa fixeramos un comunicado mostrando a nosa oposición ao anuncio feito polo goberno local do PP de perpetuar a xestión privada das garderías de Conxo e Fontiñas, que ata ese momento era levada a cabo por Sermasa. Unha vez máis a realidade mostra que tiñamos a razón, unha empresa privada que só busca o lucro non pode xestionar os servizos públicos que a cidadanía demanda.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende e loita para que sexan as Administracións Públicas as que presten, con calidade e eficiencia, servizos de titularidade e xestión pública para satisfacer as demandas sociais que a cidadanía precisa para o seu benestar.

Defendemos, como sempre, que a xestión pública si que beneficia á maioría social, abafada con recortes, tanto laborais como sociais nesta crise-estafa que padecemos, sendo esta xestión a que garante a redistribución da riqueza nos servizos necesarios para ter unha sociedade xusta e igualitaria promovendo, ademais, condicións laborais xustas, tanto en dereitos como en remuneración para os empregados públicos que levan a cabo o traballo nestes servizos.

Para o Consello Comarcal de EU Compostela coa remunicipalización, e a implantación de mecanismos de control cidadá nos órganos de xestión dos servizos municipais, evitaremos que, coa xustificación da privatización, aparezan condutas antidemocráticas como prevaricación, subornos, tráfico de influencias, “enchufismo”, en definitiva, poderemos poñerlle fin ao clima de corrupción que se está apoderando do concello e que incrementa o grao de desconfianza da cidadanía cara aos seus representantes políticos.

jueves, 3 de octubre de 2013

Xuntanza coa Cociña Económica



REPRESENTANTES DO CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNENSE COA COCIÑA ECONÓMICA.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CONSIDERA ÚTIL E, POR DESGRAZA, NECESARIA A LABOR DESTA INSTITUCIÓN, PERO ESIXE AO CONCELLO, COMO SERVIZO PÚBLICO QUE É, QUE CUMPRA COA SÚA OBRIGA E LEVE A CABO AS POLÍTICAS SOCIAIS QUE SEXAN NECESARIAS.

Os membros do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Sara García e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza con representantes da Cociña Económica

Durante a xuntanza os datos ofrecidos dende a Cociña Económica acreditaron o considerable aumento de persoas usuarias desta instalación, chegando as cifras diarias de entorno a 50-60 almorzos, ata 190 comidas e en torno a 120 ceas. Os datos indicados polos representantes da Cociña Económica reflicten que a maioría dos usuarios, por riba do 90%, son homes en torno aos 50 anos, e que nos últimos anos incrementouse o número de persoas migrantes que acoden á cociña, representando na actualidade, aproximadamente, o 30%  do total de usuarios.

Dende o Consello Comarcal de EU Compostela consideramos necesario que o Concello permita, e colabore dentro das súas posibilidades, nas melloras que necesita o local para o seu correcto funcionamento, dende a reparación urxente do solo de madeira ata a habilitación no ático de salas nas que as persoas usuarias poidan descansar, esperar ou ser atendidas.

Tamén consideramos necesario que se permita a iniciativa demandada pola cociña económica de habilitar na escaleira de entrada e nos laterais, un toldo ou calquera outra solución, que resgarde da choiva, ou incluso do sol, ás persoas que agardan a intemperie a ser atendidas.

Mais dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, considerando útil e, por desgraza, necesaria a labor social que levan a cabo institucións como a Cociña Económica, esiximos ao Concello que, como servizo público que é, acometa as políticas sociais que son necesarias.

O Concello pode, e debe colaborar, coas distintas organizacións que na cidade realizan unha loable labor social, facendo, por exemplo, tralo debate pertinente, protocolos de actuación que axilicen e optimicen os resultados según os casos.

Pero o que é inadmisible e que esta necesaria colaboración se converta en delegación de funcións, e en mero aporte económico mediante subvencións para manter un sistema asistencial, que é necesario, pero que por si so non soluciona o problema, e perpetúa a marxinalidade na que están moitas persoas.

O Concello, e calquera outra administración pública, ten que ser parte activa, mediante as necesarias políticas sociais públicas, na búsqueda de xustiza e igualdade social, ten que promover plans de accións concretos, ten que prover aos servizos sociais municipais de recursos persoais e materiais suficientes, ten, dende a xestión e titularidade pública, moito que facer.