O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA CRITICA OS NEFASTOS ORZAMENTOS PRESENTADOS POLO PP, QUE PERPETÚAN A
SÚA INEPTA POLÍTICA DE OBRAS INNECESARIAS E CARENTE DE VONTADE POLÍTICA PARA
LEVAR A CABO MEDIDAS SOCIAIS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PRESENTA MÁIS DE TRINTA ALEGACIÓNS PARA
GARANTIR OS DEREITOS E BENESTAR DAS VECIÑAS E VECIÑOS.
O Consello Comarcal de EU Compostela considera que
o PP reitera nos orzamentos municipais presentados a súa nefasta xestión,
mostrando máis interese polo ladrillo que polas persoas.
É inadmisible para un goberno que coñeza a
realidade social da cidade, presentar unha proposta de orzamentos na que se
perpetúan as ocorrencias urbanísticas do equipo de Ángel Currás, con cada vez
máis obras que nin son urxentes, nin prioritarias, e o que é peor, non son
necesarias.
Por iso dende o Consello Comarcal de EU
Compostela, tralas xuntanzas mantidas con diferentes organizacións da cidade,
como por exemplo o albergue de Xoán XXIII ou a cociña económica, presentamos
alegacións para investir os cartos de todas e todos nos nas políticas sociais
que nesta cidade precisamos.
Coas nosas alegacións, máis de trinta, entre
outras moitas medidas, defendemos que o Concello cree o servizo municipal de
atención integral a persoas sen fogar, que acade un servizo telefónico cidadá
de atención a emerxencias sociais ou, por exemplo, que promova a solidariedade
mediante a convocatoria de cooperación ao desenvolvemento ou cun plan de acción
e fomento do comercio xusto.
Por suposto esiximos que o Concello ten que prestar
os servizos, de titularidade e xestión publica, que a cidadanía demanda, pero
mentres non sexa posible, porque se está levando a cabo o proceso de
participación cidadá e de dotación de medios humanos e materiais para prestar
estes servizos, propoñemos aumentar o apoio económica ás organizacións que
realizan unha gran labor social na cidade
Proseguindo coa nosa defensa do medio ambiente
consideramos que o obsoleto modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos
que é SOGAMA non pode continuar, por iso defendemos a necesidade crear unha
empresa municipal de un tratamento dos RSU de maneira sustentable
medioambiental e economicamente, que abranga dende a compostaxe, reciclaxe ata
a posible reutilización.
Máis que necesario para cargos públicos e asesores
que aprobaron un plan de axuste, que hipoteca o futuro económico de futuras
corporación, e tamén destrúe dereitos laborais das empregadas e empregados do
Concello, e dar exemplo cunha significativa redución das súa retribucións
complementarias.
Como tamén son necesarias outras propostas que
presentamos nas nosas alegacións, como garantir por toda a cidade a mobilidade
das persoas con discapacidade, como promover a defensa dos dereitos do
colectivo LGTBI ou, por exemplo, campañas de sensibilización para mostrar a
situación de explotación que padecen as mulleres que exercen a prostitución
Por último, coas alegacións presentadas,
mostramos a nosa defensa da cultura, esta cidade necesita recuperar dende a
Sala Yago ata as rúas, onde poder disfrutar dunha cultura afastada de
enlousamentos megalómanos innecesarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario