O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA MANTÉN UNHA XUNTANZA COA FEDERACIÓN ANPAS COMPOSTELA.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE AO CONCELLO QUE CUMPRA COA SÚA OBRIGA
E MANTEÑA OS COLEXIOS DA CIDADE EN CORRECTAS CONDICIÓNS PARA GARANTIR UN ENSINO
PÚBLICO DE CALIDADE.
Os membros do Consello Comarcal de EU Compostela,
José María Tubío e Vicente Vázquez, mantiveron un encontro con representantes
da Federación de ANPAS Compostela.
No comezo da xuntanza dende a Federacións de ANPAS
expuxeron as graves deficiencias no mantemento dos colexios públicos que está a
acontecer na cidade. Como claro exemplo desta situación está o colexio Montes
dos Postes, que según o indicando na xuntanza urxe reparacións de inmediato
para garantir unhas condicións mínimas que garantan a seguridade e saúde do
alumnado.
Por desgraza o deficitario mantemento das escolas
das cidade vai máis aló deste caso, sendo habitual nestas instalacións públicas
problemas con pingueiras, coa calefacción ou, por exemplo, cos servizos.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela esiximos ao goberno local do Partido Público que cumpra coa súa
obriga e fago todo o necesario para conseguir o correcto mantemento das escolas
da cidade.
Tal e como se falou na xuntanza, consideramos máis
que necesario a creación de protocolos de actuación para garantir o mantemento
destas instalacións públicas de maneira eficiente, por suposto para a
elaboración deste protocolos débese contar coa participación tanto das nais e
pais do alumnado como co equipo rector dos distintos colexios.
Tamén é máis que necesario planificar debidamente
todas as actuacións que se leven a cabo nos colexios, para evitar tanto a
improvisación como as “chapuzas” como, por exemplo, a reutilización de
estancias dos colexios como comedores, que nin satisfacen as demandas
existentes nin poden ser solución definitiva.
Apoiamos as demandas da Federación de ANPAS de que
o Concello debe ser parte activa para que os espazos de conciliación cubran as
necesidades existentes, e que se debe procurar que os colexios estean abertos nos
períodos non lectivos tanto para ofrecer actividades ao alumnado como para
prestar servizo ao resto da cidadanía
Por último criticamos a nefasta xestión do Partido
Popular, tamén neste ámbito competencial, e a carencia de vontade política para
gobernar este cidade velando polo beneficio da maioría social
No hay comentarios:
Publicar un comentario