O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela cre que as as veciñas e veciños teñen dereito a
expresarse e que o Concello debe garantir todos os medios necesarios para que
isto sexa posible.
As novas
tecnoloxías e internet fixeron evolucionar en poucos anos os métodos cotiás de
comunicación da sociedade, facilitando o acceso a todo tipo de información e
chegando a maiores sectores da poboación de forma máis rápido. Sen embargo este
avance na forma de informar non pode ser utilizado para non facilitar outros
medios para dar a coñecer eventos, manifestacións e outras actividades.
Deste xeito, hoxe
en día seguen a ser moi comúns e útiles os paneis informativos para
comunicación social situados na vía pública, posto que é un medio moi accesible
para anunciar algo ou mesmamente expresarse.
Nunha cidade como a
de Santiago debe garantirse que as persoas teñan acceso a este tipo de
elementos para que así non se recorra ao uso de zonas non apropiadas para a
pegada de letreiros e carteis como poden ser as paredes das vivendas ou
escaparates de baixos sen ocupar.
Dende o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela non creemos lóxico que o Concello da
cidade retire paneis dos que a cidadanía dispón, como aconteceu co panel das escaleiras
que enlaza a Praza de Vigo coa Avenida de Rosalía de Castro, ou non manteña ou
repoña os que están en mal estado ou rotos, como por exemplo o situado en Vite.
Defendemos que non
só hai que manter os paneis existentes, senón que se debe dar paso á colocación
doutros novos distribuídos por toda a cidade e en lugares de tránsito para que
cumpran debidamente a súa función de comunicación.
Por suposto este
proxecto tanto de colocación de novos paneis, como de mantemento e limpeza dos
mesmos, debe contar coa participación das persoas e organizacións que mostren
interese nesta iniciativa.
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que o Concello leve a cabo unha
planificación, debidamente debatida, cara á colocación de novos paneis de
comunicación social por toda a cidade
Segundo. Que o Concello renove os paneis que
estean en mal estado ou rotos.
Terceiro. Que o Concello, a través da necesaria
participación cidadá, elabore os protocolos tanto de limpeza deste paneis como
do seu mantemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario