lunes, 10 de febrero de 2014

Apoio á loita contra a rotonda en Galeras



O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA QUERE TRASLADAR O SEU APOIO AOS HABITANTES DE GALERAS NA SÚA OPOSICIÓN Á CONSTRUCIÓN DUNHA ROTONDA NO QUE SUPORÍA UNHA PRIVATIZACIÓN DO PARQUE DO MESMO NOME

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN CIDADÁ E EVITAR SITUACIÓNS COMO ESTA.

O Consello Comarcal de EU Compostela defende a Democracia Participativa para facer participe á cidadanía do cogoberno da cidade, pero como mínimo o que debe facer un goberno local decente é informar debidamente as veciñas e veciños de actuacións que lle poden afectar.

Nunha cidade cun Concello podrecido pola corrupción do caso Pokémon, onde cada día a crise-estafa golpea máis fortemente ás persoas e medra a desigualdade, é inadmisible que sen consulta e escasa información o PP acometa a construción dunha rotonda en Galeras o que suporía privatizar parte dun parque público.

Cómo é posible que trala polémica das máis que cuestionables obras nas Prazas de Galicia e Vigo, o goberno local do señor Currás siga de costas ás verdadeiras demandas das veciñas e veciños. Onde está a mellora e creación de servizos sociais públicos que a cidadanía precisa.

O Concello de Compostela e, en particular, a Concelleira de Urbanismo, María Pardo, pretenden levar a cabo a privatización dunha parte do parque de Galeras para a construción dunha rotonda xustificando que é algo que mellorará a circulación da zona, as veciñas e veciños denuncian que este espolio sería pro beneficio dun parquing privado, facilitando así un novo acceso ao mesmo.

Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela non entendemos como o Partido Popular pode ser tan neglixente adicando un presuposto de en torno a 800.000€ , a unha obra que nin é prioritaria ou urxente, e que non conta co apoio dos habitantes da zona polo que se pode considerar de innecesaria. .

Dende o Consello Comarcal esiximos á Concellería a paralización do proxecto urbanístico e o comezo de xuntanzas cos residentes de Galeras e as diferentes Asociacións de Veciños e Veciñas da zona, buscando así unha solución á problemática, posto que debe ser coa participación cidadá co que se acaden medidas e proxectos que beneficien á maioría social.

No hay comentarios: