viernes, 14 de febrero de 2014

Apoio traballadores cafetería estación de autobuses



O CONSELLO COMARCAL DE EU APOIA  AS EMPREGADAS E EMPREGADOS DA CAFETERÍA DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE COMPOSTELA, CUXOS POSTOS DE TRABALLO CORREN PERIGO

DENDE O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PEDIMOS AO CONCELLO QUE SE INVOLUCRE NA BÚSQUEDA DUNHA SOLUCIÓN

Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela o mantemento dos servizos e postos de traballo na cidade, así como a defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores, é unha prioridade.

Queremos mostrar o noso apoio ás reivindicacións dos traballadores da cafetería da estación de autobuses, que ven perigar os seus postos de traballo, en moitos casos tras décadas exercendo a súa labor nesta instalación.
 
Consideramos necesario que o Concello, como servizo público que é, se involucre na busca dunha solución ao problema xerado polo deficiente xestión de Tussa e que nada ten que ver co traballo realizado.

É inadmisible que, con escasa información e tal vez con outros intereses que nada teñen que ver coa viabilidade da cafetería, se poida permitir dende o Concello que se leve a cabo o despedimento desta persoas.

Dende o Consello Comarcal de EU Compostela apoiamos as distintas iniciativas que acometeron as traballadoras e traballadores da cafetería da estación de autobuses para defender os seu dereitos, dende a recollida de sinatura ata o peche nas instalacións mantendo o servizo para as viaxeiras e viaxeiros.

Por último esiximos ao Concello que cumpra coa súa obriga e sexa parte activa na procura de medidas que busquen acadar o fomento de emprego estable e de calidade para as veciñas e veciños

No hay comentarios: