O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA O DESUSO DA SALA YAGO
COMO UN ESPAZO DE CULTURA DA E PARA A CIDADANÍA
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CONSIDERA NECESARIA A APERTURA INMEDIATA DA
SALA YAGO E PIDE AO CONCELLO QUE ACTÚE E DEIXE DE POÑER ESCUSAS
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
como xa vén expresando ao longo dos anos, critica a mala xestión dos espazos
culturais por parte do Concello e demanda un xiro na política municipal a favor
dunha cultura de base e participativa.
Os recortes, cambio na lexislación do uso da vía
pública, privatizacións, etc, son un pequeno resumo do que está a pasar en Santiago
con respecto aos espazos culturais da cidade, nun camiño que só pode levar a
unha cultura afastada das veciñas e veciños.
Un dos casos máis coñecidos sobre isto sería a
Sala Yago na Rúa do Vilar, un espazo que leva anos pechado e que, pese ás
demandas da cidadanía e diferentes accións para esixir a súa reapertura, non
parece que se vaia a escoitar á cidadanía.
Agardamos ata ver a reacción completa do Partido
Popular para confirmar o escaso interese que mostra pola cultura. Non pode ser
que ante unha protesta cidadá fronte un agravio que padece a cidade con esta
sala pechada, e que ata o PP leva no seu programa electoral a súa apertura, a
solución de Ángel Currás e o seu equipo sexa a represión e absolutamente nada
sobre un plan de actuación para acadar que o Yago volva ser das veciñas e
veciños.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela cremos que é lexítimo que a cidadanía leve a cabo actos de protesta,
como esta ocupación, para mostrar claramente que as autoridades non teñen interese en poñer espazos públicos
ao servizo da cidadanía.
Por suposto, unha vez máis, dende o Consello
Comarcal de EU Compostela esiximos a reapertura da Sala Yago de forma inmediata
e pedimos ao Partido Popular que deixe de poñer escusas ás cidadás e cidadáns
da cidade no que é unha reivindicación moi simple: a recuperación dos espazos
culturais perdidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario