miércoles, 26 de febrero de 2014

Xuntanza con Quérote+



O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REÚNESE CO CENTRO QUÉROTE+ DE SANTIAGO

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA NECESARIO MAIOR IMPLICACIÓN DAS INSTITUCIÓNS NA LOITA CONTRA A LGTBIFOBIA

O membro do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela e responsable de Aleas EU-Compostela, Pablo Nieves, mantivo unha reunión coa Coordinadora-Psicóloga dos centros Quérote+ Noa Tilve Cabada, responsable do centro de Santiago.

Nesa reunión plantexouse varias cuestións relativas o funcionamento do centro Quérote respecto os usuarios da comunidade LGTBI da comarca de Santiago.

O obxecto da xuntanza era a de recadar información sobre si había algún tipo de programa adicado aos membros da comunidade LGTBI. Tanto a nivel educativo como asistencial. Tamén se fora detectado por parte do centro un aumento da prostitución entre a comunidade LGTBI por mor da situación de crise económica. Tamén para coñecer a porcentaxe de usuarios LGTBI atendido polo centro e as súas demandas.

Según explicou Noa Tilve o centro ten varias liñas de acción, por un lado atenden usuarios no propio centro onde teñen asistencia tanto presencial como telefónica para a mocidade no ámbito afectivo sexual, onde son atendidos por unha equipa constituída en Santiago por catro profesionais, que van dende traballadora social, psicóloga, médica. E así mesmo esas profesionais realizan campañas de información e tamén traballan dando orientación a demanda de centros de ensino, concellos, asociacións para atender problemáticas concretas. Está orientado a atención de menores de entre 13 e 18 anos. Non tratan apenas a mocidade universitaria. Tamén levan a cabo a campaña da proba rápida do VIH.

A preguntas respecto o tratamento da homofobia nos centros de ensino, comentou que non tratan o tema da homofobia en concreto senón que procuran inculcar o respecto a todo tema de diversidade entre a mocidade. Non se fai unha formación xenérica que trate o tema da homofobia ou que se leve unha campaña de sensibilización sobre o tema nos centros de ensino.

Sobre se tiñan material adicado ao tema LGTBI, indicouse que fai moito tempo que non editan material debido a que contan con poucos medios, e que o que editan está na páxina web. No tocante a xente transexual, o único que fan é informarlles sobre a existencia de centros especializados. Sobre a promoción do asociacionismo da mocidade e en concreto do asociacionismo da comunidade LGTBI, non o fan pero son conscientes das súas vantaxes non é unha liña de traballo que sigan.

Traballan tamén con grupos de menores con discapacidades funcionais, nos que tamén traballan o tema da sexualidade, sobre todo de forma integral cos pais para que teñan en conta a dimensión sexual destos menores, e nestes casos detectan situacións de suxeitos LGTBI onde tratan a especial situación que supón respecto os pais, en tanto que deben aceptar tanto que os seus fillos son suxeitos sexuais e por outro lado que son LGTBI.

Consultada se teñen algún tipo de protocolo de actuación en canto a situacións de bulling por motivos LGTBI indica que non teñen nada especializado e que tratan o tema dende a perspectiva de inculcar o respecto en xeral.

Preguntada sobre a situación da prostitución nos membros da comunidade LGTBI, indica que non teñen constancia do aumento do índice de prostitución LGTBI na comunidade moza universitaria.

Dende o Consello Comarcal de EU Compostela consideramos bo o traballo que levan a cabo dende Quérote+, pero demandamos maior implicación das institucións na loita contra a LGTBIfobia, tanto na elaboración de protocolos de actuación, materiais ata dotar debidamente de recursos as distintas actuacións que se realicen

No hay comentarios: