O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende, dende o respecto
as distintas crenzas relixiosas, o laicismo en todas as administracións e
servizos públicos.
Por desgraza co (des)goberno do Partido Popular, tanto a nivel local,
autonómico como estatal, cada vez e máis evidente que, no relativo a confesión
católica, a separación entre as administracións públicas e a igrexa cada vez é
máis tenue ou incluso inexistente.
Pouco máis se pode engadir para criticar a nefasta reformar da lei do
aborto de Gallardón ou da adoctrinante e prexudical para o ensino público
reforma LOMCE do ministro Wert.
Mais na nosa cidade, tal e como xa denunciaramos, pola labor do PP estase a
levar a cabo un ataque continuado ao laicismo, cómpre recordar a innecesaria
instalación dun cruceiro no parque Agros de Ramírez. Ou tamén como nas escolas
públicas da cidade se realizaron actos de carácter relixioso no nadal.
Dende o Consello Comarcal reiteramos que o Concello ten que velar porque na
cidade, nos distintos espazos públicos, se garanta o laicismo, por suposto
dende o respecto en todo momento as distintas crenzas relixiosas das veciñas e
veciños.
Por iso consideramos necesario que o goberno local elabore un estudo para
comprobar que simboloxía ou actividades relixiosas existen en administracións e
servizos públicos, e polo tanto atentan contra o laicismo que debe existir
neste lugares. Contando coa participación cidadá para artellar as mellores
solucións para corrixir as posibles eivas existentes.
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
- Ten previsto o Concello elaborar un estudo para coñecer os posibles casos na cidade que atenten contra o laicismo?
- En caso afirmativo, contando coa participación cidadá, elaborará un plan de actuación para corrixir as posibles eivas atopadas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario