lunes, 3 de marzo de 2014

Petición dimisión sete concelleiros e concelleiras imputados por prevaricación



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA, DENDE O RESPECTO Á PRESUNCIÓN DE INOCENCIA, ESIXE A DIMISIÓN INMEDIATA DOS SETE EDÍS IMPUTADOS POR PREVARICACIÓN AO APROBAR O PAGO DO AVOGADO A ADRIÁN VARELA.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA A NÚÑEZ FEIJOO QUE ASUMA A SÚA RESPONSABILIDADE E GARANTA A GOBERNABILIDADE DA CIDADE.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela pide a dimisión inmediata dos sete concelleiros e concelleiras imputados por prevaricación e aos que se lles vai abrir xuízo oral.

Como xa expuxeramos o pasado 29 de xuño, era unha barbaridade, nova mostra da decrepitude ética do Partido Popular, que se aprobara que as concelleiras e concelleiros, imputados por presuntos delitos de corrupción política, poidan acollerse a que sexan as veciñas e veciños cos seus impostos as que paguen a súa defensa.

Pero tal e como están a mostrar os acontecemento, esta medida, non so é inmoral, se non que según a propia xustiza hai indicios para que ademais sexa ilegal. O Concello non pode seguir así, é máis que evidente que o inepto equipo de goberno do Partido Popular é incapaz de gobernar a cidade.

Por suposto será a xustiza, a través do pertinente proceso que se acaba de abrir, a que ditamine se Amelia González, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Pardo, María Castelao, Francisco Noya e Luis García Bello, son culpables de prevaricación, pero por decencia e respecto ás veciñas e veciños deben dimitir ou ser cesados.

Se a covardía de Ángel Currás e do seu equipo de goberno, aplicando os seus egoístas intereses, impiden que deixen a un lado as súas ansias de poder e abandonen os seus cargos públicos, perpetuando a ingobernabilidade que abafa o porvir desta cidade, é obrigatorio que se tomen as medidas necesarias para evitalo.

É obrigatorio e necesario que o señor Núñez Feijoo asuma as súas responsabilidades e de inmediato tome as decisións oportunas para garantir o benestar das veciñas e veciños. Por desgraza a medida que dende o Consello Comarcal de EU Compostela vimos demandando dende o pasado 15 de xaneiro de 2013, o adianto de eleccións, faise inviable por mor da inoperancia mostrada polo PP tanto a nivel local, autonómico e estatal.

Por tal motivo a solución menos mala á que o Partido Popular abocou á cidadanía de Santiago é a disolución da corporación municipal e que sexa unha xestora a que rexa o Concello ata as próximas eleccións municipais de maio de 2015

No hay comentarios: