jueves, 13 de marzo de 2014

Pregunta Democracia Participativa e Orzamentos Participativos



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende a necesidade de implementar prácticas participativas que vigoricen a democracia que agora temos, e dean maior capacidade de influencia á cidadanía, por exemplo, no día a día da súa cidade.

Para o Consello Comarcal de EU é necesaria unha revolución democrática que so será posible apostando decididamente pola Democracia Participativa. Hai que levar a cabo o proceso de elaboración colectiva dun novo Regulamento de Participación Cidadá, que, por exemplo, debería dispor de aspectos como:

Unha carta de dereitos das veciñas e veciños, tales como, o dereito de petición, de intervención nas sesións públicas, de consulta ou referendo e o dereito á información, ademais dos dereitos que a través da participación cidadá se decidan.

Por suposto sería necesario debater e acordar unha serie de medidas organizativas e estruturais coas que poder facer realidade a Democracia Participativa como, por exemplo, un Plan de Formación Cidadá, creación de Foros Cívicos de Consellos Sectorais, Asembleas de Barrio entre outras medidas. Tamén sería necesario a creación de órganos de Participación Cidadá, tales como, o Consello do Distrito, a Asemblea Sectorial e o Consello de Movemento Veciñal.

Máis non so coa participación real da cidadanía no día a día, e non como simple voto cada catro anos, se acadaría a Democracia que defendemos, é necesaria a co-xestión pública cidadá para a planificación comunitaria dos recursos públicos municipais. Son necesarios os Orzamentos Participativos.

Os Orzamentos Participativos son moito máis que conseguir que as veciñas e veciños decidan parte do orzamento municipal. Procuran que a cidadanía sexa protagonista activa e non mera observadora. Acadan a busca conxunta de solucións que correspondan coas necesidades reais das persoas que viven na cidade. Promoven a transparencia e crean espazos de diálogo que permitan construír, cun sentido comunitario, unha cidade xusta e igualitaria. 

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

  1. Ten previsto o Concello acometer os cambios necesarios no Regulamento de Participación Cidadá para acadar a Democracia Participativa?

  1. En caso afirmativo, ten previsto facer posible os Orzamentos Participativos na cidade?

No hay comentarios: