jueves, 27 de marzo de 2014

Papeleiras en Bonaval



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe garantir que os espazos públicos da cidade estean debidamente acondicionados para que as veciñas e veciños poidan disfrutalos.

Por suposto defendemos que se promova que Santiago sexa cada vez máis una cidade verde e sustentable medioambientalmente. Pero o ecoloxismo non só se basea na creación de novos parques e zonas verdes, ao igual que non é suficiente a colocación de plantas polas rúas urbanizadas da cidade para que a contaminación diminúa. O Concello é consciente disto, sendo este ámbito da súa política outro punto pendente da súa nefasta xestión.

A nosa cidade debe seguir avanzando en políticas verdes como a loita contra a contaminación lumínica ou a polución dos vehículos que por ela transitan, reivindicacións xa antigas desta organización e do movemento ecoloxistas. Estes son só algúns dos exemplos que reivindicamos, mais nesta ocasión só nos centraremos nunha exixencia en concreto: a falta de papeleiras para o lixo no parque de Bonaval.

Como é lóxico e normal moita xente aproveita os parques da cidade, sobre todo co bo tempo, para xuntarse e poder disfrutar, por exemplo, destas zonas verdes facendo comidas ou merendas ao aire libre. Polo que é factible xerar residuos como papeis, plásticos ou residuos orgánicos. Polo que sería aconsellable que en Bonaval se instalasen diversos puntos de recollida deste residuos sólidos urbanos.

Sendo aínda mellor opción se, como se pode ver por exemplo en aeroportos, estas papeleiras, de reducido tamaño, tivesen a posibilidade de dividir este residuos entre papel e cartón, materiais plásticos e residuos orgánicos para así lograr dende o inicio un tratamento sustentable e ecolóxico dos RSU.

Por suposto somos coñecedores das dificultades que este parque en concreto ten para poder levar a cabo calquera modificación no seu mobiliario. Mais non pode ser obstáculo para que o antes posible o Concello cumpra coa súa obriga e abra o proceso necesario para acadar esta mellora que Bonaval necesita.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Que o Concello abra o proceso necesario para conseguir habilitar as papeleiras que sexan necesarias no parque de Bonaval.

Segundo. Que o Concello leve a cabo un estudo sobre as necesidades de cada espazo público para garantir a súa limpeza, promovendo a instalación de papeleiras que axuden a correcta separación dos residuos sólidos urbanos

No hay comentarios: