O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CRITICA QUE O CONCELLO NON DÉ BO USO DO
GALEGO NAS ACTIVIDADES NAS QUE COLABORA
EU
COMPOSTELA DEMANDA QUE SE CREE UN PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ADECUADO AO
CONTEXTO ACTUAL
Para O Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela a defensa do galego, é e será sempre primordial, buscando así a súa
correcta normalización.
Por desgraza, a realidade do galego é
completamente a contraria da que esta organización desexara. O idioma galego
cada día retrocede en número de falantes, debido aos diferentes estereotipos
que o envolven e ás malas ou inexistentes políticas de normalización da Xunta
de Galicia.
En realidade, parece que as políticas que se
impulsan son para prexudicar ao galego, e a exemplos como o Decreto do
Plurilingüísmo da Xunta, ou que a USC, na cal segundo datos do 'Cartafol
Dixital' só o 23% das aulas é na nosa lingua, siga cun Plan de Normalización
Lingüística que rematou no 2010, podemos sumar accións como a do Concello de
Compostela, o cal non se molesta en usar o galego para as súas actividades.
Desta maneira, o Concello de Santiago está a
colaborar coa iniciativa “Lánzate”, un concurso de novos emprendendores, para o
cal se levou a cabo a creación de trípticos informativos, pero iso si, en
castelán.
O Concello, ademais de financiar un proxecto do
Centro Comercial privado As Cancelas con cartos públicos, está a facelo en
castelán, sendo unha vergoña ambas realidades. Desta maneira, o goberno local
segue coa súa liña de traballo de mala xestión e ataque á cultura.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
denuncia estes feitos e pide ao Concello de que, ademais de dar explicacións
polo sucedido, se valore a posibilidade de crear un Plan de Normalización
Lingüística local ou un protocolo de uso lingüístico para as actividades
organizadas polo Concello ou que este apoie, sendo o uso do galego un dos eixes
primordiais do mesmo. Ademais, O Consello Comarcal demanda coñecer os cartos públicos
investidos neste concurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario