O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA APOIA A MOBILIZACIÓN DAS MARCHAS DA
DIGNIDADE DESTE MÉRCORES ÁS 12:30H DIANTE DA OFICINA DO INEM DA RÚA RAMÓN
PIÑEIRO
PARA
O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA OS ÚLTIMOS DATOS DO DESEMPREGO DEMOSTRAN
QUE A MOBILIZACIÓN É HOXE MÁIS NECESARIA QUE NUNCA
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
sempre defenderá e loitará por garantir os dereitos da clase traballadora.
O pasado 22 de marzo demostrouse que só o pobo
defende ao pobo e que a situación que está a vivir a poboación é insostible.
Nesa mobilización, exemplo de unidade de loita e cunha gran participación
galega na mesma, berrouse que seguiamos indignadas e indignados e que esiximos
un cambo de rumbo radical deste mundo, esiximos a caída deste réxime corrupto e
represor.
As Marchas da Dignidade nunca foron pensadas coma
algo momentáneo, senón que sempre se organizaron como un movemento de longa
duración, algo que xa é unha realidade. Como demostra a Asemblea Nacional da
Marcha da Dignidade Galega o pasado 26 de abril en Oza, no que se decidiron as seguintes
accións a levar a cabo.
Entre outras, a primeira delas será este mércores
30 de abril, xornada na que se realizarán concentracións diante das oficinas do
INEM, nunha clara denuncia contra as políticas antisociais como a Reforma Laboral,
ou as mentiras dos gobernos autonómico e central, que se empeñan en enganar á
xente co discurso de que estamos saíndo da crise, cando a realidade é que se
está a destruír emprego e a exiliar á poboación, en especial ás mozas e mozos
do país.
Con datos como que o paro alcanza xa o 23'2% en
Galicia, sendo así 296.900 persoas as desempregadas, e que foron máis de 20.000
postos de traballo os destruídos no noso país nun ano, chamamos a todas as
compostelás e composteláns a concentrarse o mércores 30 ás 12:30h na oficina do
INEM da rúa Ramón Piñeiro.
Loitemos polas nosas vidas! PAN, TRABALLO E TEITO
PARA TODAS E TODOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario