martes, 6 de mayo de 2014

Pregunta garantir dereito á vivenda e alimentación



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende que o Concello, e calquera Administración Pública, leve a cabo, dende a titularidade e xestión pública, os servizos necesarios para garantir o benestar da cidadanía.

Por suposto o Concello, como calquera Administración Pública, ten a obriga de colaborar no que sexa posible e necesario coa sociedade, que organizada en asociacións, ONGs ou o a forma xurídica que considere oportuna, tamén traballa en asuntos sociais co fin de garantir a xustiza e igualdade.

Por exemplo é obvio que o Albergue Xoán XXIII, como contrastamos tras reunirnos con eles, fan unha labor, por desgraza, moi necesaria, e por suposto o Concello debe colaborar con esta institución. Pero a administración local ten a obriga de prestar o servizo, de titularidade e xestión pública, que cubra a demanda das veciñas e veciños sen vivenda na que vivir. Por iso propuxeramos que se creara a o Servizo Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar.

Tamén propuxemos, entre outras medidas para garantir o dereito a unha vivenda, a creación da Axencia Pública Municipal de Aluguer, co obxectivo de incentivar a posta en disposición á cidadanía de vivendas en aluguer social.

Outra demanda das veciñas e veciños da cidade, que constatamos na xuntanza mantida coa Cociña Económica, e a necesidade de alimentos. Por suposto é obriga deste Concello, dende o público, artellar as medidas necesarias para garantir que ningunha persoa nesta cidade pase fame.

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

  1. Ten previsto o Concello de Santiago de Compostela algunha medida para garantir o dereito fundamental á alimentación das veciñas e veciños?

  1. Ten previsto o Concello levar a cabo algunha actuación, de titularidade e xestión pública, que garanta o dereito a unha vivenda digna?

No hay comentarios: