Mostrando entradas con la etiqueta internacionalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta internacionalismo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de enero de 2015

Petición de asilo político para Hassanna Aalia



O pasado 19 de xaneiro fíxose público o auto de resolución da solicitude de asilo político en España do mozo activista saharaui Hassanna Aalia, no que se lle comunica a denegación da protección e anúnciaselle a saída obrigatoria do territorio español, dándolle un prazo de 15 días para abandonar o Estado español, pese ao castigo que lle espera e o risco real de ser torturado si regresa ao Sahara Occidental baixo ocupación de Marrocos.

Hassanna é un mozo saharaui de 26 anos nado no Aaiún que solicitou o asilo político en xaneiro de 2012, tras decatarse que o seu nome figuraba na relación de acusados que ían ser xulgados en Rabat por un Tribunal Militar polos feitos do Gdeim Izik. Hassanna estaba nese momento en España, non por estar perseguido polo seu activismo en favor da causa saharaui, senón para estudar cunha beca que lle foi concedida para aprender español. A lei española que regula as condicións para a solicitude de asilo político establece cláusulas e prazos excepcionais cando as circunstancias que xustifican a petición débanse a causa sobrevida no país de orixe, como sucedeu neste caso.

Hassanna Aalia figura no Sumario de Instrución do Tribunal Militar Permanente para a Forza Armada do Reino de Marrocos, xunto con outros 24 acusados, todos civís. Foi xulgado en rebeldía e a tenor da súa condena a cadea perpetua nunha sentenza que foi lida ante observadores de Human Rights Watch e Amnistía Internacional, entre outros, existen sobrados motivos para determinar que o retorno de Hassanna ao Sahara Occidental suporía un risco real para a súa integridade física.

martes, 22 de julio de 2014

Moción apoio ao pobo palestino



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera, unha vez máis, o seu apoio ao pobo palestino.

Co pretexto do secuestro e do asasinato non aclarado de tres novos estudantes israelís das colonias en Cisxordania ocorridos o 12 de xuño, o goberno Israelí lanzou unha vez máis outra das súas operacións de castigo sobre a poboación palestina encerrada na Franxa de Gaza. Mentres o goberno israelí incitou ás represalias, os lemas racistas e ataques contra a poboación palestina estendéronse nos medios e nas rúas de Israel, o que resultou no asasinato dun adolescente palestino que foi queimado vivo en Xerusalén por uns israelís ultras o pasado 1 de xullo.

O martes 7 de xullo, Netanyahu iniciou unha operación militar de gran envergadura contra a Franxa de Gaza, satisfacendo así as esixencias do seu Ministro de Exteriores.

martes, 10 de septiembre de 2013

Moción contra o ataque ao pobo sirio



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela quere mostrar o seu rexeitamento ao ataque ao pobo sirio que querer levar a cabo EEUU.

Tendo en conta a guerra civil en Siria e a ameaza dunha inminente intervención militar, fora do mandato de Nacións Unidas, liderada polos Estados Unidos.

Tendo en conta que as intervencións militares, estean ou non avaladas polo Consello de Seguridade da ONU, crean situacións de emerxencia, como xa aconteceu na guerra da antiga Iugoslavia, Iraq, Afganistán ou Libia.

Tendo en conta que ningún conflito pode solucionarse co bombardeo á poboación civil que se pretende salvar, e que o uso da violencia so xenera máis violencia

Tendo en conta que a guerra responde ao negocio das multinacionais armamentísticas que presionan aos gobernos imperialistas, e non a unha verdadeira preocupación pola situación humanitaria da poboación.

Tendo en conta a falta absoluta de credibilidade de aqueles que nos enganaron dicindo que en Iraq existían armas de destrución masiva para xustificar o bombardeo a ese país, utilizando bombas de napalm, fósforo branco e proxectís de uranio empobrecido.

Tendo en conta que a intervención militar en Siria terá consecuencias irreparables para a poboación civil, como ocorreu en Iraq, Afganistán ou recentemente en Libia, e que ademais pode ter un efecto en cadea na xa complicada situación en Oriente Próximo.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Solidarízase co pobo de Siria, que sufre desde fai dous anos unha guerra civil que se cobrou xa máis de 100.000 vítimas mortais e máis de 6 millóns de desprazados y refuxiados.

Segundo. Reiterar que a solución ao conflito en Siria debe pasar por esgotar as vías diplomáticas e pola contención do uso da forza por ambas partes, tanto por parte do goberno de Al Assad como por parte dos rebeldes, e por suposto, pola non intervención militar estranxeira.

Terceiro. Insistir na necesidade de destruír todo o arsenal de armas de destrución masiva ABQ (atómico, bacteriolóxico e químico) a nivel mundial

Cuarto. Esixir unha investigación independente que realice unha verificación imparcial do uso de armas químicas contra poboación civil Siria, co obxectivo de que os seus autores, sexa quen sexa, asuman a responsabilidade penal destes actos criminais

Quinto. Facer un chamamento a apoiar todas as mobilizacións  contra este ataque imperialista contra Siria e esixir unha solución pacífica do conflito para conseguir a paz entre os pobos.

Sexto. Esixir ao Goberno español que, non so non participe nesta intervención militar, senón que non permita o das bases militares ni do espazo aéreo a ningún país que pretenda atacar a Siria.

viernes, 10 de mayo de 2013

Comunicado polo Día Mundial do Comercio Xusto



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DO COMERCIO XUSTO REIVINDICANDO INICIATIVAS ECONÓMICAS XUSTAS E SOLIDARIAS.

PARA O CONSELLO COMARCAL DE EU AS INICIATIVAS LIGADAS AO COMERCIO XUSTO DEMOSTRAN QUE OUTRO TIPO DE ECONOMÍA É POSIBLE E QUE COMPRE REBELÁRMONOS FRONTE A UN SISTEMA QUE PERPETÚA A INXUSTIZA SOCIAL E A DESTRUCIÓN DO MEDIO AMBIENTE.

O 11 de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto e o Consello Comarcal de Esquerda Unida considera función indispensable do Concello promover  medidas que cambien as profundas inxustizas derivadas do actual sistema económico de produción, distribución e consumo.

Unha das terribles consecuencias do sistema económico imperante é a fame. É inmoral que nun  no mundo se producen máis alimentos que nunca antes na historia 900 millóns de persoas sigan hoxe a pasar fame (segundo os últimos datos da FAO).  A globalización neoliberal ten privatizado moitos aspectos das nosas vidas,  incluso o acceso aos recursos naturais como a terra e a propia agricultura. Unhas poucas multinacionais someten aos seus intereses privados a produción, distribución e consumo facendo da alimentación un mero negocio e impedindo o acceso aos alimentos das persoas máis pobres.

Pero non so a fame é consecuencia do sistema económico imperante. As persoas perdemos en xeral o nosa soberanía como consumidoras. Por exemplo a nosa soberanía alimentaria: aquela  que nos permite saber que é o que comemos, a quen lle compramos realmente os alimentos e como se produce todo o que nos levamos á boca. Moitos labregos e labregas non teñen acceso aos bens fundamentais da produción agrícola (auga, sementes, terras) e os propios estados non son soberanos a hora de decidir as súas políticas agrícolas. Isto non acontece unicamente no ámbito da industria alimentaria, a morte, o pasado 24 de Abril,  de máis de 1.000 traballadoras e traballadores de Bangladesh que producían roupa para as grandes marcas internacionais, son triste proba disto.

Baixo o actual sistema todos os dereitos humanos son sometidos aos intereses privados dunhas poucas multinacionais. E nestas circunstancias non se pode falar de Comercio Xusto.

O Concello debe servir de exemplo e apostar pola contratación pública responsable. Aquela que ten en conta criterio ambientais, sociais e éticos á hora de comprar ou contratar.  Ademais o goberno galego está na obriga de promover e fomentar o Comercio Xusto. E en xeral todas aquelas iniciativas directamente vinculadas a unha economía solidaria que sitúan os dereitos das persoas por riba dos réditos económicos  (banca ética,tendas de comercio xusto, entidades que defenden o software libre, cooperativas de consumo e produción,…).

jueves, 9 de mayo de 2013

Moción apoio ao Comercio Xusto



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera función indispensable do Concello levar a cabo todas as medidas precisas na procura da xustiza e igualdade social.

O 11 de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto, e consideramos que o Concello de Santiago debe acometer iniciativas que promovan na cidade un cambio de modelo na distribución e comercialización, que a día de hoxe perpetúan un sistema económico e social sustentado na explotación laboral de persoas e na destrución do medio ambiente.

Unha das terribles consecuencias do sistema económico imperante é a fame. É inmoral que nun  no mundo se producen máis alimentos que nunca antes na historia 900 millóns de persoas sigan hoxe a pasar fame (segundo os últimos datos da FAO).  A globalización neoliberal ten privatizado moitos dos aspectos da nosa existencia, incluso o acceso aos recursos naturais como a terra, e a propia agricultura. Unhas poucas multinacionais someten aos seus intereses privados a produción, distribución e consumo facendo da alimentación un mero negocio e provocando que  millóns de persoas pasen fame e vivan en circunstancias de  pobreza, violando en fin, un dereito tan fundamental como o dereito á alimentación.

Pero non so a fame é consecuencia do sistema económico imperante. As persoas perdemos en xeral o nosa soberanía como consumidores, por exemplo a nosa soberanía alimentaria: aquela  que nos permite saber que é o que comemos, a quen lle compramos realmente os alimentos e como se produce todo o que nos levamos á boca. Moitos labregos e labregas non teñen acceso aos bens fundamentais da produción agrícola (auga, sementes, terras) e os propios estados non son soberanos a hora de decidir as súas políticas agrícolas. Isto non acontece unicamente no ámbito da industria alimentaria, a morte, o pasado 24 de Abril, de 660 traballadoras e traballadores de Bangladesh que producían roupa para as grandes marcas internacionais son triste proba disto disto.

Baixo o actual sistema, todos os intereses humanos son sometidos aos intereses privados dunhas poucas multinacionais, e nestas circunstancias non se pode falar de comercio xusto.

É evidente que os principios do Comercio Xusto, estándares internacionalmente definidos pola IFAT, a Asociación Internacional do Comercio Xusto, son totalmente consecuentes co obxectivo que as Administración Públicas deben fixar para mudar este sistema depredador de dereitos humanos, principios, entre outros, como son:

- Creación de oportunidades para grupos produtores desfavorecidos.
- Transparencia e funcionamento democrático para beneficiar as necesidades básicas das
comunidades produtoras e de consumidores e consumidoras.
- Relación comercial equitativa e a longo prazo.
- Prezo Xusto para os produtores e as produtoras.
- Loita contra a explotación laboral infantil.
- Equidade de xénero.
- Condicións laborais dignas.
- Fortalecemento de capacidades e asistencia para os grupos produtores desfavorecidos.
- Información e sensibilización sobre Comercio Xusto.
- Coidado do Medio Ambiente.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario abrir o debate  entre os distintos colectivos da cidade con recoñecida experiencia neste eido, para consensuar as medidas efectivas que o Concello pode levar a cabo dende a institución para fomentar e sensibilizar sobre o Comercio Xusto na cidade.

O Día Mundial do Comercio Xusto é unha ocasión máis para reivindicar sistemas económicos  alternativos, socialmente máis xustos e éticos e máis respectuosos co medio, non so na comercialización senón en toda a cadea de produción, distribución e consumo.

O Concello de Santiago debe por unha parte, apostar pola contratación pública responsable, aquela que ten en conta criterio ambientais, sociais e éticos á hora de comprar ou contratar. Esta obriga debería ser común a todos os organismos e administracións non so polo seu poder económico, senón e sobre todo  polo seu efecto exemplificador no uso dos recursos públicos

O Concello de Santiago debe ademais promover e fomentar iniciativas do comercio xusto, e en xeral todas aquelas iniciativas directamente vinculadas a unha economía social ou alternativa  (banca ética, software libre, cooperativas de consumo e produción,…)

Por exemplo apoiamos, entre outras moitas medidas que poidan saír da necesaria participación cidadá, a posibilidade de que nos comedores escolares que dispoñan de cociña propia se consiga que os produtos consumidos sexan de agroecoloxía de proximidade e de Comercio Xusto, facendo ademais a pertinente sensibilización entre o alumnado e as nais e pais.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Que o Concello, a través do debate e participación cidadá, elabore un plan de actuación na cidade para o fomento real e efectivo do Comercio Xusto.

Segundo. Que o Concello leve a cabo durante todo ano diferentes campañas de concienciación e sensibilización do que supón o Comercio Xusto

jueves, 7 de marzo de 2013

Xuntanza coa Coordinadora Galega de ONGD



REPRESENTANTES DO CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNENSE COA COORDINADORA GALEGA DE ONGD.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA APOIA AS DEMANDAS DA COORDINADORA SOBRE POLÍTICAS ESTABLES DE COOPERACIÓN E EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO, COMPRA PÚBLICA ÉTICA E A PETICIÓN DUN LOCAL.

Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, María Rozas e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza coa Coordinadora Galega de ONGD.

En primeiro lugar lamentamos o escaso apoio que, dende fai anos, o Concello de Santiago mostra para a cooperación e educación para o desenvolvemento, manifestando que consideramos necesario, dunha vez, unha política estable neste eido a través dun plan global de actuación, elaborado participativamente co tecido asociativo da cidade.

Son moitos os eidos nos que este plan debería marcar o camiño que o Concello debe seguir, dende a estabilidade e correcta dotación nas subvencións para as organización que traballan no campo da cooperación, ata a concienciación e educación para a cooperación nas escolas e institutos da cidade.

Outro dos temas tratados nesta xuntanza, e que conta co apoio do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, é a proposta de fomentar e implementar a compra pública ética en todas as súas vertentes, por exemplo, dende conseguir que os comedores escolares se abastezan de produtos de agroecoloxía de proximidade e comercio xusto, ate a utilización da Banca Ética.

O que tamén apoiamos, e esiximos que o Concello acometa o antes posible é facilitar a demanda da Coordinadora dun local, xa sexa coa cesión dun baixo do Concello, aportando economicamente para o pago de aluguer ou intermediando coas caixas nacionalizadas para utilizar algún das súas instalacións de obra social agora abandonadas

Local o suficientemente amplo para cubrir as lexítimas demandas da Coordinadora, que desexa lograr un espazo para a solidariedade onde se habiliten despachos para diversas ONGs, salas para diversas actividades e outras cuestións.

O que tamén se manifestou nesta xuntanza é a na necesidade de avanzar na Democracia Participativa que a cidadanía demanda, conseguir un Concello que aposte polos sectores produtivos da economía social, e que faga da concienciación e educación para a cooperación para o desenvolvemento un do eixos de xestión política e social.

Tamén se manifestou por ambas partes o total rexeitamento a ordenanza aprobada polo PP de uso da vía pública, que como xa manifestaramos dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, pese aos trocos sufridos, é unha ordenanza que privatiza a rúa.