O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela quere mostrar o seu rexeitamento ao ataque ao pobo
sirio que querer levar a cabo EEUU.
Tendo en conta a
guerra civil en Siria e a ameaza dunha inminente intervención militar, fora do
mandato de Nacións Unidas, liderada polos Estados Unidos.
Tendo en conta que as
intervencións militares, estean ou non avaladas polo Consello de Seguridade da
ONU, crean situacións de emerxencia, como xa aconteceu na guerra da antiga Iugoslavia,
Iraq, Afganistán ou Libia.
Tendo en conta que
ningún conflito pode solucionarse co bombardeo á poboación civil que se
pretende salvar, e que o uso da violencia so xenera máis violencia
Tendo en conta que a
guerra responde ao negocio das multinacionais armamentísticas que presionan aos
gobernos imperialistas, e non a unha verdadeira preocupación pola situación
humanitaria da poboación.
Tendo en conta a
falta absoluta de credibilidade de aqueles que nos enganaron dicindo que en Iraq
existían armas de destrución masiva para xustificar o bombardeo a ese país,
utilizando bombas de napalm, fósforo branco e proxectís de uranio empobrecido.
Tendo en conta que a
intervención militar en Siria terá consecuencias irreparables para a poboación
civil, como ocorreu en Iraq, Afganistán ou recentemente en Libia, e que ademais
pode ter un efecto en cadea na xa complicada situación en Oriente Próximo.
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Solidarízase co pobo de Siria, que
sufre desde fai dous anos unha guerra civil que se cobrou xa máis de 100.000 vítimas
mortais e máis de 6 millóns de desprazados y refuxiados.
Segundo. Reiterar que a solución ao conflito
en Siria debe pasar por esgotar as vías diplomáticas e pola contención do uso da
forza por ambas partes, tanto por parte do goberno de Al Assad como por parte
dos rebeldes, e por suposto, pola non intervención militar estranxeira.
Terceiro. Insistir na necesidade de destruír
todo o arsenal de armas de destrución masiva ABQ (atómico, bacteriolóxico e
químico) a nivel mundial
Cuarto. Esixir unha investigación independente
que realice unha verificación imparcial do uso de armas químicas contra poboación
civil Siria, co obxectivo de que os seus autores, sexa quen sexa, asuman a
responsabilidade penal destes actos criminais
Quinto. Facer un chamamento a apoiar todas as
mobilizacións contra este ataque
imperialista contra Siria e esixir unha solución pacífica do conflito para
conseguir a paz entre os pobos.
Sexto. Esixir ao Goberno español que, non
so non participe nesta intervención militar, senón que non permita o das bases
militares ni do espazo aéreo a ningún país que pretenda atacar a Siria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario