Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario que as
distintas administracións públicas se involucren na defensa dos dereitos dos
animais e na loita contra o seu maltrato e explotación.
Por tal motivo fixeramos público, o pasado febreiro, a demanda de que en
Santiago non se permitira os espectáculos que maltraten animais, esixindo a modificaron
da normativa municipal para prohibir os
circos con animais, co obxectivo de procurar o seu respecto e protección
Tal e como expuxeramos segundo un estudo de Animal Defenders International
(ADI) os animais dos circos botan entre un 81-88% do seu tempo encadeados ou
con apenas mobilidade, porcentaxe que alcanza o 98% nalgunhas especies como os
cabalos e ponis.
Tamén compre salientar que varias investigacións feitas por People for the
Ethical Treatment of Animals (PETA) revelaron graves maltratos físicos nos
adestramentos
Para acadar os obxectivos mencionados de respecto dos dereitos do animais e
loita contra o seu maltrato, o Consello Comarcal de EU Compostela presentamos
unha moción en maio na que pedíramos que o Concello prohiba na cidade os circos
con animais e as corridas de touros, ademais de que, a través do pertinente
debate cidadá, se elabore un listado de actividades prohibidas na cidade por
explotar animais
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
- Ten previsto o Concello acometer as medidas oportunas para prohibir os circos con animais na cidade?
- En caso negativo, que motivos xustifican que a administración local ampare o maltrato animal?
- Levará a cabo este Concello o pertinente debate cidadá para elaborar o listado de actividades prohibidas nesta cidade por explotar animais?
No hay comentarios:
Publicar un comentario