O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA CONSIDERA INADMISIBLE QUE O CONCELLO QUEDE SEN AXUDAS DA XUNTA PARA
IMPULSAR O PLAN CONTRA O ABANDONO ESCOLAR.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CONSIDERA QUE ISTO DEMOSTRA A PARÁLISE DO
EQUIPO DE GOBERNO
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
sempre demandou que o Concello, dentro das súas competencias, leve a cabo todas
as medidas necesarias para garantir na cidade unha educación pública, de
calidade e gratuíta.
O anuncio de que o Concello de Santiago quedaba
fóra da concesión de axudas por parte da Xunta de Galicia para implementar
medidas de prevención do fracaso e abandono escolar por ter presentado fóra do
prazo regulamentario a solicitude demostra, mais unha vez, que o goberno do
Partido Popular non só segue xogando de forma incompetente cos intereses da
maioría social, senón que está prisioneiro do medo que provoca entre as súas
ringleiras a cuestión xudicial posta en marcha coa Operación Pokemon.
A cidadanía ben merece unha explicación clara por
parte dos responsables, e non é de recibo a xustificación de que, en certo
modo, tanto ten perdela porque era unha contía reducida. As arcas municipais
non están tan enchidas como para permitirse o luxo de renunciar a axudas da
Xunta de Galicia para un programa educativo necesario.
Pero, ademais, detrás deste feito latexa o
desgoberno local e que ten moito que ver coa, por desgraza, permanente parálise
que padece este Concello (Virxe Branca, facturas falsas, Rúa de San Pedro, etc...)
por mor da operación xudicial Pokemon que fai estremecer os piares da
democracia local e que está erosionando a capacidade do goberno local,
alimentado polas súas liortas internas. Estremecemento que se está estendendo,
tal como vén de enterarse hoxe a veciñanza compostelá, ao outro partido
sistémico.
A operación Pokemon fixo que saíse á luz pública o
fedor a corrupción. Ángel Currás e o seu equipo son incapaces de soster coa
mínima decencia un plan de goberno que non hipoteque o futuro desta corporación
municipal para décadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario