O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela loita para que o Concello de Santiago vele por
garantir os dereitos fundamentais para as veciñas e veciños da cidade.
Un destes dereitos
que dende a administración local, e dende calquera outra, se debe garantir é o
dereito á educación pública, gratuíta e de calidade, como, por exemplo,
facilitar que calquera persoa poda acceder ou continuar cos seus estudos
universitarios.
É máis que
evidente, pese ao recente xogo manipulador do ministro Wert coas cifras das
becas, que o Partido Popular quere restrinxir o acceso ou permanencia na
carreira universitaria, poñendo o máximo posible de dificultades a moitas
persoas con escasos recursos económicos, atentando claramente contra a
igualdade de oportunidades.
Este ataque á nosa
educación pública xa tería comezado non só cos recortes do goberno do PSOE xa
no 2010, senón tamén coa implantación do modelo universitario coñecido como
"Plan Boloña", un modelo que abría as portas ao camiño da
privatización e precariedade das universidades públicas, camiño que agora está
a continuar o (des)goberno do Partido Popular.
Para o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario que o Concello de Santiago
actúe contra o ataque que tanto Rajoy como Feijoo están a asestar contra a
educación pública, apostando por un modelo no que só terán dereito a acceder á
universidade o estudantado con familias con moitos recursos.
Ademais da crítica
institucional que se poida facer ao modelo de educación que o PP quere impoñer,
é necesario que o Concello actúe, por exemplo, asumindo o pago da matrícula
universitarias de aquelas veciñas e veciños que acrediten que o ano pasado
tiveron beca e este ano nas mesmas condicións, tras solicitala debidamente,
lles foi denegada debido as nefastas e execrables do ministro Wert
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDO
Primeiro. Que o Concello abone a matrícula
universitaria daquelas veciñas e veciños que perderon a beca por mor das
medidas levadas a cabo polo ministro Wert
Segundo. Que o Concello inste á USC e á Xunta
de Galicia a crear un fondo solidario para axudar ás familias das e dos
estudantes de todas as universidades públicas de Galicia que o necesitaran a
sufragar os gastos das taxas universitarias así como das matrículas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario