O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela considera necesario optar por un novo modelo
económico, onde a banca pública, que vele polo beneficio da maioría social en
non polo lucro e pola especulación, debe ser unha realidade.
Desde que comezou a
crise-estafa que padecemos, os Bancos e Caixas recibiron máis de 180.000
millóns de euros en axudas directas.
En Galicia a suposta
Comisión de Investigación da Caixas do Parlamento Galego, manipulada dende o
inicio e con limitacións en canto ao acceso e difusión democrática da
información sobre o proceso de bancarización das caixas, está amosando ante as
galegas e galegos con extrema crueza a magnitude do roubo ao que nos someteron.
Mediante este
proceso de privatización das Caixas da Aforro, seguidas despois da súa
intervención a través dos mecanismos financeiros públicos, transferíronse
enormes cantidades de diñeiro público do estado español e europeo ás
institucións financeiras privadas e privatizadas.
En outubro de 2011,
a entidade xurdida da fusión de Caixanova e Caixagalicia, chamada
Novacaixagalicia, ante os graves problemas de capital, é intervida polo Estado
mediante o fondo de Reestruturación Ordenada da Banca FROB que aportou 2.465
millóns de euros controlando o 92% da entidade. Practicamente un ano despois o
FROB inxectou 5.425 millóns de euros de
axudas procedentes do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE).
Estamos a falar de
máis de 7.800 millóns de euros nesa altura, a data de hoxe máis de 9.000
millóns e que chegarían aos 10.800 millóns en 2014 segundo a folla de ruta de
Oliver Wyman, a consultora contratada polo goberno para avaliar as necesidades
de capitalización da Banca Española.
A día de hoxe
NOVAGALICIA Banco é un banco formalmente público que o goberno central, a través do FROB pretende vender á banca
privada, unha venta que inclúe o patrimonio das antigas caixas, o que queda da
extinta Obra Social, e o futuro de miles de postos de traballo no sector
financeiro galego.
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDO
Primeiro. Instar ao Goberno Central a converter
Novagalicia Banco nun Banco Público real, que aposte por un novo modelo
económico sustentable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario