viernes, 13 de septiembre de 2013

Garantir o dereito ao comedor escolar



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA INADMISIBLE A SITUACIÓN DE VARIOS ESCOLARES DO COLEXIO DE A SIONLLA QUE NON PODEN FACER USO DO SEU DEREITO AO COMEDOR ESCOLAR.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE AO CONCELLO QUE ESERXA TODA A PRESIÓN POSIBLE Á XUNTA PARA GARANTIR O USO DO COMEDOR AO ALUMNADO QUE TEÑA DEREITO AO MESMO.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifesta, unha vez máis, a necesidade de que o Concello loite por garantir os dereitos sociais e laborais das veciñas e veciños.

O coñecemento do que acontece con varios escolares do Colexio Público de A Sionlla pon de manifesto as numerosas eivas dun decreto de comedores, inxusto, non apoiado e rexeitado pola comunidade educativa galega e que atenta contra o dereito á educación e á igualdade de oportunidades.

O Consello Comarcal EU Compostela denuncia que non é de recibo que se lle poñan máis atrancos ás familias dos que xa teñen no seu día a día para poder conciliar vida familiar, profesional e laboral e coa educativa dos seus fillos e fillas.

A Xunta está limitando o dereito a un servizo esencial a alumnado que vén de fóra da zona escolar, aínda que moito deste alumnado é desprazado de forma obrigatoria porque non tiña praza no seu centro de referencia.

O Concello ten que exercer toda a presión posible para que non se produzan situacións de discriminación e esixirlle á Consellería de Educación e Cultura que garanta o acceso ao servizo de comedor a todo o alumnado con dereito ao mesmo ampliando as prazas que se requiran e dispoñendo os recursos humanos e materiais que sexan precisos.

Demóstrase que non existe planificación educativa e que existe unha terrible deixadez de funcións que provocan que sexan as saturadas direccións dos centros educativos e os consellos escolares os que teñan que decidir a que alumnado acoller e a cal excluír cando todos precisan do servizo.

No hay comentarios: