O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA QUERE DENUNCIAR O ATAQUE HOMOFÓBICO SUFRIDO POR NOEL DOPAZO E O SEU
COMPAÑEIRO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEFENDE, UNHA VEZ MÁIS, QUE DEBE SER A
CONCIENCIACIÓN E A EDUCACIÓN A QUE REMATE COA LACRA DA LGTBIFOBIA QUE PADECEMOS.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
loitou, loita e loitará polos dereitos do colectivo LGTBI ata que sexan unha
realidade, tanto nas lexislación vixente como no día a día da convivencia
cidadá.
Manifestamos a nosa total repulsa ao ataque
homofóbico padecido, no pub TNT de Santiago, polo cocordinador de ALEAS-EU e
membro deste Consello Comarcal, Noel Dopazo Vázquez, e o seu compañeiro.
Por desgraza, pese aos avances conseguidos, aínda
queda moito por facer para acadar que o respecto aos dereitos do colectivo
LGTBI e a tolerancia sexan unha realidade nesta sociedade. Esixindo que a
xustiza actúe coa contundencia debida ante calquera ataque LGTBIfóbico, e aínda
sendo esta actuación da lei importante, no é o único camiño a seguir.
Mentres en calquera escola a palabra “maricón”
sexa utilizada como o insulto máis repetido, mentres se permita que a Igrexa
Católica prosiga coa súa LGTBIfóbia, mentres saír do armario para moitas
persoas siga sendo unha tortura, queda moito por facer.
Por iso tanto dende o Concello, como dende
calquera outra administración pública, é necesario realizar campañas de concienciación e sensibilización
para acadar que a igualdade real, máis aló dos papeis onde se escriben as leis,
sexa unha realidade na sociedade.
Por exemplo, como xa pedimos en diferentes
iniciativas, hai que levar a cabo medidas contra o acoso escolar homofóbico,
promovendo charlas nos centros de educación de primaria e secundaria contra a
discriminación ao colectivo LGTBI
Tamén pedimos a creación dun servizo municipal de
promoción da saúde sexual ou que se despatoloxice a transenxualidade e outras
moitas medidas que dende o Concello se poden facer para loitar contra a
LGTBIfobia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario