O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela reitera, unha vez máis, o seu apoio ao pobo
palestino.
Co pretexto do
secuestro e do asasinato non aclarado de tres novos estudantes israelís das
colonias en Cisxordania ocorridos o 12 de xuño, o goberno Israelí lanzou unha
vez máis outra das súas operacións de castigo sobre a poboación palestina
encerrada na Franxa de Gaza. Mentres o goberno israelí incitou ás represalias,
os lemas racistas e ataques contra a poboación palestina estendéronse nos
medios e nas rúas de Israel, o que resultou no asasinato dun adolescente
palestino que foi queimado vivo en Xerusalén por uns israelís ultras o pasado 1
de xullo.
O martes 7 de
xullo, Netanyahu iniciou unha operación militar de gran envergadura contra a
Franxa de Gaza, satisfacendo así as esixencias do seu Ministro de Exteriores.
Os bombardeos foron
constantes e sacudiron día e noite todo o territorio da Franxa de Gaza. Os
brancos do Exército israelí foron os barrios máis poboados, golpeando centos de
casas, hospitais, ambulancias, unha mesquita á hora do rezo, un hospital
xeriátrico, un centro destinado ao coidado de persoas discapacitadas, o sistema
de saneamento e de distribución de auga, etc. Foron asasinadas cruelmente até a
data, medio milleiro de persoas, un 80 por cento delas nenos e nenas, mulleres
e persoas maiores. Milleiros de persoas feridas e centos de miles de
desprazadas.
As masacres civís
repítense ciclicamente en Gaza. Lembramos con horror a operación denominada
Chumbo Fundido na que morreron máis de 1.400 persoas ou a de Pilar defensivo na
que houbo 170 vítimas mortais. A pesar das evidencias, ningún dos responsables
israelís por estes crimes de guerra e crimes contra a Humanidade foi procesado.
Condenamos estes crimes atroces contra unha poboación indefensa, así como os
ataques racistas do Exército, policía e colonos israelís contra as palestinas e
palestinos de Cisxordania, Xerusalén Este e Israel.
A Franxa de Gaza é
unha das zonas máis densamente poboadas do mundo e unha operación de bombardeo
masivo non pode supor outra cousa que o xenocidio de poboación inocente. Unha
vez máis o Estado de Israel está a demostrar o seu carácter de Estado
terrorista cun dos exércitos máis
poderosos do planeta, armado pola artillaría e coa impunidade e o silencio
dunha comunidade internacional e uns organismos de dereitos humanos que só
alzan a súa voz e actúan en defensa dos verdugos. Parécenos extraordinariamente
grave que a comunidade internacional (EE.UU. e os países da Unión Europea,
España incluída) permita ao goberno de Israel este tipo de comportamentos
criminais.
Como en todos os
conflitos do mundo, a solución ao conflito entre o estado de Israel e o pobo
palestino virá pola vía do diálogo e a negociación, como reivindicaron desde o
pobo palestino miles de veces.
Pola súa banda, o
Consello de Seguridade da ONU chamou a israelís e palestinos a restaurar o cese
do fogo e a protexer á poboación civil en cumprimento da lexislación
humanitaria internacional, faino cando xa morreron máis de 200 palestinos e
palestinas nos últimos ataques.
Con todo Israel
négase a acatar as resolucións internacionais e a respectar os dereitos humanos
máis elementais da poboación palestina. A construción do muro en Cisxordania e
o bloqueo de Gaza, que dura máis anos, supoñen castigos colectivos para o
conxunto da poboación palestina.
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Este Concello mostra a súa máis
rotunda condena á agresión do Goberno de Israel ao pobo palestino
Segundo. Instar ao Goberno español que
condene o ataque e que rompan todas as relacións con Israel
Terceiro. Instar á ONU a que poñan ao Estado de
Palestina baixo a protección internacional e a crear
unha comisión de investigación sobre os bombardeos israelís en Gaza.
Cuarto. Esixir ao Goberno de Israel para que
en cumprimento da resolución 242 C.S. da
ONU, 22 de novembro de 1967 proceda ao retiro militar dos territorios árabes
ocupados a Palestina incluíndo Xerusalén Este, as alturas do Golán de Siria e o
Sinaí de Exipto; fixando as súas fronteiras internacionais.
Quinto. Esixir o derrubo do muro e que se reparen os danos ocasionados polo
bloqueo.
Sexto. Promover desde o Concello unha
campaña de axuda de emerxencia para paliar a situación que se está vivindo na
franxa de Gaza, atendendo así ao chamamento de Cruz Vermella para pedir axuda
humanitaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario