Dende O Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela loitamos de forma decidida por unha
educación pública, de calidade, laica e gratuíta para a cidade.
Por iso defendemos
un plan integral de actuación para acadar a mellor educación pública posible na
cidade. É necesario contar coa participación cidadá, xa sexa de organizacións
ou asociacións, como por exemplo as ANPAS, ou incluso a título persoal, pois o
reto de acadar a mellor educación pública posible é colectivo, é un reto de
todas as veciñas e veciños.
Non podemos
permitir que siga existindo, porque os xestores políticos que hai así o
quixeron, un Consello Municipal de Ensino que non cumpre coa función
encomendada. Hai que constituír, para desenvolver de forma participativa a
educación que beneficie a maioría social, as ferramentas necesarias (Asemblea
de Barrio; Consello de Barrio; Asemblea Sectorial de Educación; Consello
Sectorial de Educación; Consello do Concello).
Temos moito que
facer, por exemplo, os comedores escolares deben ser responsabilidade directa
da administración pública para que a prestación do servizo sexa equilibradora e
igualadora. Ou tamén, por exemplo, a dignificación dos centros públicos de
ensino comeza pola equiparación en oferta de servizos complementarios para que
os pais e nais non leven lonxe do barrio aos seus fillos e fillas a realizar os
estudos.
Entre as moitas
medidas que poidan elaborarse dende o necesario debate colectivo, propoñemos a
creación dun Plan Plurianual de mantemento e renovación de centros educativos:
seguridade (vixilancia de saídas e entradas); calefacción e adecentamentos)
sempre garantindo equilibrio e equidade. Este Plan Plurianual será discutido e
elaborado de forma participativa desde a Asemblea Sectorial de Educación.
Tamén consideramos
necesario artellar un Plan Director para coordinar a oferta de Servizos
Complementarios para evitar o actual desequilibrio existente entre centros
públicos e centros privados concertados e para evitar a distancia existente
entre os centros públicos do rural e os do núcleo urbán.
Por suposto
queremos recuperar a xestión pública do persoal de servizos daqueles centros
onde estea externalizado a unha contrata privada, e xestionar, procurando
canles de cooperación, ante a deixadez da Administración autonómica, os
servizos de comedor e madrugadores
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Elaborar, de forma participativa
desde a Asemblea Sectorial de Educación,
un Plan Plurianual de mantemento e renovación de centros educativos
Segundo. Artellar un Plan Director para coordinar
a oferta de Servizos Complementarios
Terceiro. Facer un Plan de Actuación mellorar a
prestación de servizos como, por exemplo, os comedores escolares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario