O CONSELLO
COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE AO ALCALDE DEDOCRÁTICO HERNÁNDEZ
QUE RECITIFIQUE E QUE RETIRE O PRIVILEXIO CONCEDIDO A CURRÁS
Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela o goberno dedocrático de Hernández ampara co diñeiro de toda a
cidadanía compostelá, o labor escuro e destrutivo de Currás á fronte da
Corporación Municipal, recompensándoo cunha dedicación exclusiva.
O novo alcalde de Compostela, non elixido polo
pobo para dita tarefa, tal como intuía este consello comarcal, segue escribindo
con entusiasmo as páxinas máis escuras da nosa democracia, desde que morreu o
Ditador Franco.
No cumio da indecencia democrática, o terceiro
alcalde, Hernández, premia ao segundo alcalde, Currás, pola súa excelente
xestión de goberno, a cal, para quen non recorde, consistiu en destruír a
confianza da cidadanía nos seus representantes políticos e cargos
públicos, por amparar o reino fedorento
da corrupción, sendo el mesmo dobremente imputado, pola súa declarada e
manifesta incompetencia política que provocou a parálise efectiva do goberno da
nosa cidade.
Non se trata de ningunha película da Cosa Nostra,
onde os antigos eran protexidos polos novos xestores para que as vontades
quedasen ben caladas e silenciadas. Por iso, a pesar de toda a a parafernalia
mediática que quere facer de Hernández un paladín da democracia, a concesión de
dedicación exclusiva a Currás amosa que entre iguais todos se protexen.
Por iso, non é xa da abraio que un goberno
dedocrático, posiblemente inconstitucional, seguramente ilexítimo,
certeiramente pouco democrático, dea amparo a prácticas que vulneran e
violentan de forma definitiva a ética que debe prevalecer nos representantes
políticos e cargos públicos que elixe a cidadanía.
Reafirmamos o noso compromiso coa democracia e non
coa corrupción. Dimitirá Hernández cando algunha das dúas imputacións sente a
Currás ante un tribunal? Que protexe a un (suposto) corrupto non merece outro
camiño que a desconsideración. Este acto xa deslexitima calquera acción dun
goberno dedocrático. A cidadanía merece outra política no Concello de
Compostela.
Desde Esquerda Unida Compostela insistimos en que
Currás debe deixar a acta de concelleiro e non lucrarse co diñeiro público.
Esiximos a Hernández que recúe e anule dito privilexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario