O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PIDE EXPLICACIÓNS AO CONCELLO POLA
PROHIBICIÓN DE TOCAR NO ARCO DA PRAZA DO OBRADOIRO AOS MÚSICOS DA RÚA
O
CONSELLO COMARCAL DE EU DEMANDA AO CONCELLO QUE DEA MARCHA ATRÁS AO ESTAR
PERXUDICANDO O TRABALLO DOS MÚSICOS E UN DOS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DA PRAZA
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela sempre defendemos e defenderemos todo tipo de expresión cultural que
enriqueza as rúas da cidade, o que ao mesmo tempo é un creador de beleza para
os e as habitantes da capital galega.
Recentemente, unha destas actividades, cunha longa
tradición ademais, vén de ser eliminada por unha nova normativa do Concello que
impide a realización de concertos no arco da Praza do Obradoiro, eliminando así
o sustento dunha importante cantidade dos músicos da rúa de Compostela.
O Concello, así, non só está a atacar unha
actividade económica lexítima, senón que ademais está a danar o atractivo
turístico da mesma Praza do Obradoiro e do Camiño de Santiago, posto que a
música do arco é un dos reclamos máis populares da cidade, onde a música daba a
benvida aos peregrinos e peregrinas esgotadas pola longa viaxe.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela pedímoslle ao Concello que dea explicacións públicas sobre esta
prohibición, que recúe e que manteñan unha xuntanza cos músicos da rúa
damnificados para así poder volver á normalidade canto antes.
Por último, expresar a nosa solidariedade cos
músicos da rúa composteláns e, ademais de enviarlles o noso apoio nesta loita,
agradecerlles o seu traballo diario, que fai desta cidade un lugar especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario