O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA MANTÉN UNHA XUNTANZA COA FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA A ELABORACIÓN DUN PLAN LOCAL PARA A
INCLUSIÓN SOCIAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
O coordinador comarcal de Esquerda Unida
Compostela, Vicente Vázquez, mantivo unha xuntanza con representantes da
Fundación Down Compostela.
Dende Down Compostela reiteraron a demanda,
compartida polo Consello Comarcal, de que se establezan desde a Administración
Local, dentro da reserva de emprego público destinada a persoas con
discapacidade, unha reserva propia destinada a persoas con discapacidade
intelectual, que concorrerían mediante probas adaptadas.
É necesario que o Concello se involucre na defensa
dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, máis aló de manter un
convenio e de colaborar en actos. Por obriga coas veciñas e veciños esiximos ao
goberno local que se opoña aos continuos recortes que a cidadanía está a
padecer.
É lamentable que polas políticas austericidas do
PP, haxa familias, por exemplo, que antes levaban cinco días aos seus fillos a
esta institución, e polos recortes no transporte do 065 agora se vexan na
obriga de reducir estes días.
Por desgraza son múltiples os ataques que o
Partido Popular perpetra contra a cidadanía en xeral, e as persoas con
discapacidade intelectual en concreto. O último, se por decencia o goberno
central non recúa, e unha lei de subvencións que conta co rexeitamento das
distintas organización que traballan no terceiro sector.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela reiteramos que o Concello, como calquera outra Administración
Pública, ten que ser parte activa e garantir os dereitos de todas as veciñas e
veciños. Por iso demandamos, como xa levábamos no noso programa electoral, que
é necesario, a través da participación cidadá, a elaboración dun Plan Local
para a Inclusión Social das Persoas con Discapacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario