viernes, 7 de marzo de 2014

Moción 8M



Para a Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela asistimos a un dos momentos históricos de maior ataque aos dereitos das mulleres. A dereita ataca as bases da democracia, como a aspiración a que temos dereito todas as persoas a da liberdade, a autonomía  persoal, o acceso aos recursos e a igualdade entre todos os seres humanos.

Esta grave regresión manifestase de modo categórico respecto aos dereitos humanos das mulleres, froito das posicións máis retrógradas do sistema patriarcal, que, coa escusa da crise económica, viu as posibilidades abertas para destruír o acadado.

A retrógrada formulación sobre o dereito ao aborto e aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que representa o anteproxecto da lei que defende o Goberno do Partido Popular, deixa ao descuberto a especial saña do emprego da política contra os dereitos das mulleres. O intento de forzar a maternidade ou que se aborte clandestina e perigosamente, é a expresión máis cruenta da consideración patriarcal, androcéntrica e misóxina do goberno e do seu Ministro de Xustiza.

A lista das normas segregadoras e sexistas, tanto a nivel estatal como autonómico, é  abrasadora: a reforma laboral, a recente lei de educación, a lei de familia do goberno galego. Os recortes en sanidade e na asistencia a dependencia, a provisionalidade nos empregos, a privatización do público; son medidas que producen un impacto de xénero que se traduce no incremento da feminización da pobreza e a intensificación dos valores represores da  autonomía das mulleres.

A materia de relixión na escola pública e a exclusión da educación sexual e reprodutiva dela, no é só consecuencia da inxerencia da xerarquía eclesiástica herdada do franquismo nas decisións gubernamentais,  senón que pretende instaurar un modelo xa caduco, de mulleres obedientes e submisas.

Dende a Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela chamamos á insurrección e insubmisión feminista contra todo intento de volta ao pasado, contra todas aquelas decisións que pretendan manternos ás mulleres como seres subordinados, contra calquera tentativa de represión da nosa sexualidade  e contra o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas..

Dende a Área de Mulleres de EU Compostela propoñemos ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de.

ACORDOS:

Primeiro. Instar ao Goberno de España a solicitude/esixencia de que non se atente contra os dereitos fundamentais das mulleres e que no teña lugar a tramitación do proxecto de lei contra o aborto.

Segundo. Que se amplíen os dereitos recoñecidos no texto vixente para que o aborto deixe de ser un delito e poda practicarse libremente na sanidade pública en todo o estado..

Terceiro. O Pleno do Concello adhírese a todas as manifestacións do movemento feminista e organizacións de mulleres, que en reivindicación dos acordos subscritos se convoquen.

Cuarto. O Concello comprometese a potenciar os valores de igualdade real, poñendo para elo todos os medios ao seu alcance, como é a defensa da sanidade e da educación públicas e laicas,. e plans de emprego e formación igualitarios

No hay comentarios: