O grupo de
políticas sociais de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe
prestar os servizos públicos que a cidadanía demanda.
Por suposto
consideramos que este servizos teñen que ser de titularidade e xestión pública,
posto que así se garante a calidade do servizo, asegúranse as condicións
laborais das empregadas e empregados e respectase o medio ambiente.
Mais nesta crise-estafa
que padecemos son levadas a cabo nefastas privatizacións que precarizan as
condicións laborais e provocan a merma de calidade no servizo prestado, co
único fin de alimentar o lucro privado en detrimento das necesidades da maioría
social.
Claro exemplo desta
nefasta política privatizadora son as escolas infantís de Conxo en Fontiñas,
que en lugar de remunicipalizarse como pedimos en xaneiro, padecen agora as
nais e pais as consecuencias da incompetente xestión de CLECE.
Por desgraza, según
as informacións que se reciben da reforma do réxime local, todo apunta a que
non so non vai ser posible remunicipalizar os servizos públicos privatizados,
se non que é factible que moitos Concello se vexan na obriga de ter que
privatizar a xestión de moitas actuacións que realizan.
Obviamente o fin do
espolio e recuperar e fomentar os servizos de titularidade e xestión pública
debe ser o obxectivo, pero se non é posible, o Concello debe actuar e impedir
que co diñeiro público se destrúa o benestar de moitas veciñas e veciños.
En consecuencia faise
necesario tomar medidas urxentes que, dentro dos escasos marxes que a lexislación
de Contratos do Sector Público permite, establezan mecanismos que impidan a
precarización das condicións laborais das traballadoras e traballadores. Son
necesarias en calquera privatización, contrata... as cláusulas sociais.
Por suposto, como
sempre se debe facer, debe producirse un debate e participación para acadar a
mellor redacción destas cláusulas sociais que deben tratar aspectos como: a
inserción sociolaboral, igualdade de oportunidade entre mulleres e homes,
calidade do emprego, responsabilidade social das empresas e outros moitos.
Por todo isto o grupo
de traballo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno
do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Encargar, tralo pertinente debate e
participación cidadá, aos servizos técnicos municipais o estudo e redacción das
cláusulas de contido social, laboral e medioambiental que podan incluírse nos
pregos de contratación deste Concello, coa finalidade de asegurar unhas
condiciones laborais xustas, uns compromisos de respecto ao medio ambiente, así
como a inserción laboral de colectivos desfavorecidos
Segundo. Adquirir o compromiso de aplicar
aos novos pregos de contratación ditas cláusulas.
Terceiro. No prorrogar os contratos vixentes,
procurando en primeiro lugar as remucipalización dos servizos, se non é
posible, redactar, cando expiren estes contratos, para cada un deles un novo prego
que incorpore ditas cláusulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario