DENDE
O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DENUNCIAMOS A ABERRACIÓN DA TERRAZA
PRIVADA, OCUPANDO A VÍA PÚBLICA, EN PORTA FAXEIRA
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA VE LAMENTABLE QUE O CONCELLO O PERMITIRA E
NON FAGA TODO O POSIBLE PARA CORREXIR O SEU GRAVÍSIMO ERRO.
O Consello Comarcal de EU Compostela sempre busca
conservar e protexer a zona vella da cidade, así como todos os espazos públicos
de Santiago, que son das veciñas e veciños.
Nos últimos días vimos de coñecer a polémica
desatada pola construción dunha terraza privada en Porta Faxeira por parte dun
local comercial privado, invadindo e ocupando permanentemente a vía pública, co
consentimento do Concello, gobernado polo incompetente Partido Popular.
Cando falamos de polémica e de incompetencia por
parte do PP non o facemos en balde, posto que o Colexio de Arquitectos da
cidade declarou dita terraza como ilegal, denunciando ademais que a ordenanza
municipal de terrazas e quioscos de hostalería aprobada polo PP, estaba
prevalecendo sobre o Plan Especial da Cidade Histórica, sendo nefasta a xestión
do Partido Popular no relativo á conservación do patrimonio da cidade.
Para o responsable de Patrimonio e Cultura do Consello
Comarcal de EU Compostela, Noel Dopazo Vázquez, “é inadmisible que o PP estea a
ignorar ao Colexio de Arquitectos e á cidadanía que protesta contra o agravio
que supón esta aberración terraza”. Para Dopazo, “o PP demostra a súa decadencia
ética e moral, unha vez máis, con este asunto, poñendo por riba dos intereses
xerais os dun negocio privado.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela
denunciamos estes feitos e esiximos a inmediata retirada da terraza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario