O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela leva anos loitando porque a cidade sexa unha urbe
preparada e adaptada ás necesidades de tránsito e acceso de todas as persoas.
Como xa levamos
tempo demandando, a cidade de Santiago é unha cidade sobre todo peonil. Son
miles de persoas as que transitan polas súas rúas día e noite e hai que buscar
as solucións para adaptar a cidade para que os e as peóns non sufran
impedimentos no seu camiñar, sen obstaculizar as vías para os vehículos nin
provocar danos aos monumentos e tesouros que a cidade conserva.
Así, parece
incrible que algunhas zonas da cidade, a estas alturas, non estean preparadas
nin adecuadas ás necesidades das persoas con problemas de mobilidade, como vén
sendo, neste caso en concreto, as escaleiras da avenida de Raxoi que van dar á
Praza do Obradoiro.
Son xa varias as
persoas que veñen reclamando que se mellore a accesibilidade ao Obradoiro sen
ter tido até o de hoxe resposta por parte do Concello. Un Concello que gasta
milleiros de euros en obras, como a da Praza de Galicia, que nin son
prioritarias, nin urxentes, e incluso, como no caso mencionado, nin necesarias,
mentres outras zonas da cidade mostras claras eivas que deben ser solucionadas.
Tendo recibido Santiago,
en 2006, un premio de ‘adaptabilidade universal de municipios, denunciamos que
aínda resta moito por facer
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que se constrúa de forma inmediata
unha rampla nas escaleiras da Avenida de Raxoi que levan directamente á Praza
do Obradoiro
Segundo. Que se leve a cao un estudo sobre a
accesibilidade da cidade, e se solucionen os problemas existentes
Terceiro. Que se priorice o uso de diñeiro
público nas demandas reais da cidadanía
No hay comentarios:
Publicar un comentario