O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A SUA DEMANDA DE
DIMISIÓN OU CESE INMEDIATO DE JUAN DE LA FUENTE.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE A CURRÁS QUE ACTÚE DEBIDAMENTE OU
RENUNCIE Á ALCALDÍA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reitera que Juan de la Fuente non pode seguir sendo concelleiro.
É inadmisible, tras coñecerse o informe pericial
caligráfico, que este concelleiro se manteña no cargo, ou dimite ou é cesado de
inmediato por Ángel Currás. As veciñas e veciños no teñen que soportar que a
nefasta xestión do PP abafe o porvir desta cidade.
Por desgraza este informe é un paso máis na execrable situación que padecemos por mor de Juan de la Fuente, que demostra claramente a ineptitude do Partido Popular, non so para gobernar Santiago, se non para mostrar a mínima decencia para non desprestixiar a toda unha cidade.
Tal e como expuxeramos trala súa declaración
xudicial, o pasado 4 de xuño, non negamos que sexa un dereito legal de calquera
imputado negarse a declarar ante un xuíz, pero como cargo público, por ética e
moral, Juan de la Fuente non debe facer uso dese dereito ao estar sometido á
obriga ante a cidadanía de dar todas as explicacións que se lle esixan.
Unha vez máis, como xa levamos denunciando dende o
16 de marzo, respectando a súa presunción de inocencia, este concelleiro
denigra á Institución local cos seus comportamentos e actuacións. Dimisión ou
cese xa.
Por suposto se a decrepitude moral do señor Juan
de la Fuente fai que se aferre ao cargo que ostenta, é obrigatorio que o
alcalde Ángel Currás actúe de inmediato e, en primeiro lugar, o cese de todas
as súas responsabilidades e, por suposto, censure publicamente a lamentable
actuación deste concelleiro neste caso das facturas falsas e lle reclame a
dimisión
Se o señor Currás mantén a súa covardía, que tanto
está a prexudicar á maioría social desta cidade, e non actúa debidamente con
Juan de la Fuente, debe dimitir como alcalde e concelleiro posto que queda
inhabilitado para cargo público.
Por último reiterar que por hixiene democrática o
futuro da cidade ten que decidilo as veciñas e veciños coa Democracia das
urnas.
Por suposto, se o nefasto equipo de goberno local
do PP, non ten a suficiente ética para botarse a un lado, polo ben da
cidadanía, e reclamar a disolución do Concello e o adianto de eleccións
municipais, deber ser o señor Feijoo o que ten que asumir as responsabilidades
que implica ser o presidente da Xunta e, ante o dano que se está ocasionando á
cidade, se obrigue a todos os cargos imputados nas tramas de corrupción
investigadas pola xustiza, se ben respectando a súa presunción de inocencia, a
dimitir e a demandar e conseguir o adianto de eleccións municipais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario