O grupo de traballo
de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela considera que calquera
Administración Pública ten que ter, entre un dos seus obxectivos principais,
garantir o dereito a unha vivenda digna.
Consideramos que
para que o acceso a unha vivenda digna sexa unha realidade para a maioría
social é necesario destronar o actual modelo, que busca o lucro privado, tal e
como se pode comprobar co pelotazo urbanístico que o PP defende coa operación
especulativa de Xoán XXIII.
Dende o grupo
de traballo de políticas sociais de EU
Compostela, para acabar con este modelo antisocial, que ten á vivenda como un
negocio e non como un dereito, apoiamos, entre outras moitas medidas, a
creación dunha axencia pública municipal de aluguer social, presentada en marzo
de 2012. Tamén consideramos necesaria a creación dun Servizo Municipal de
Atención Integral a Persoas sen Fogar, como propuxemos en outubro de 2013.
Moitas máis medidas
estruturais para acabar con este modelo especulativo son posibles, pero tamén o
Concello, se é consciente da realidade que afoga a moitas veciñas e veciños,
ten que tomar medidas urxentes e, aunque meramente paliativas ata mudar este
sistema económico, político e social, por suposto son necesarias.
Por desgraza é unha
realidade que moitas persoas teñen serias dificultades económicas para
(mal)vivir, por exemplo o número de familias que teñen dificultades para chegar
a fin de mes, ou nin chegan, é alarmante. Tan grave é a situación que hai
veciñas e veciños que facer o pago do IBI, suponlle un gasto tan elevado que
lle impide afrontar o custe de necesidades básicas para calquera persoa.
O grupo traballo de
políticas sociais reclama como medida urxente que o Concello subvencione o 100%
da cota do IBI das persoas en risco de exclusión social, así como unha
porcentaxe progresiva da dita cota segundo a capacidade económica.
Por todo isto o o
grupo de traballo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. O Pleno do concello da Coruña insta
ao goberno municipal a establecer unha subvención ás unidades familiares que
acrediten dificultades económicas en relación á suma dos seus ingresos dividida
polo número de membros, segundo o seguinte baremo:
Inferior ao 100% do IPREM: 100%
da súa cota do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
Entre o 100% e inferior ao 125%
do IPREM 75% da súa cota do IBI
Entre o 125% e inferior ao 150%
do IPREM 50% da súa cota do IBI
Entre o 150% e inferior ao 175%
do IPREM 25% da súa cota do IBI
Segundo. Proceder á súa inmediata posta en
marcha e á súa publicidade durante o mes de xaneiro de 2015 e abrir o prazo de
presentación de solicitudes que se manterá durante todo o ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario