REPRESENTANTES
DO CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA REÚNENSE COA COCIÑA ECONÓMICA.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CONSIDERA ÚTIL E, POR DESGRAZA, NECESARIA A
LABOR DESTA INSTITUCIÓN, PERO ESIXE AO CONCELLO, COMO SERVIZO PÚBLICO QUE É, QUE
CUMPRA COA SÚA OBRIGA E LEVE A CABO AS POLÍTICAS SOCIAIS QUE SEXAN NECESARIAS.
Os membros do Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela, Sara García e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza con
representantes da Cociña Económica
Durante a xuntanza os datos ofrecidos dende a
Cociña Económica acreditaron o considerable aumento de persoas usuarias desta
instalación, chegando as cifras diarias de entorno a 50-60 almorzos, ata 190
comidas e en torno a 120 ceas. Os datos indicados polos representantes da
Cociña Económica reflicten que a maioría dos usuarios, por riba do 90%, son
homes en torno aos 50 anos, e que nos últimos anos incrementouse o número de
persoas migrantes que acoden á cociña, representando na actualidade,
aproximadamente, o 30% do total de
usuarios.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela
consideramos necesario que o Concello permita, e colabore dentro das súas
posibilidades, nas melloras que necesita o local para o seu correcto
funcionamento, dende a reparación urxente do solo de madeira ata a habilitación
no ático de salas nas que as persoas usuarias poidan descansar, esperar ou ser
atendidas.
Tamén consideramos necesario que se permita a
iniciativa demandada pola cociña económica de habilitar na escaleira de entrada
e nos laterais, un toldo ou calquera outra solución, que resgarde da choiva, ou
incluso do sol, ás persoas que agardan a intemperie a ser atendidas.
Mais dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela, considerando útil e, por desgraza, necesaria a labor social que
levan a cabo institucións como a Cociña Económica, esiximos ao Concello que,
como servizo público que é, acometa as políticas sociais que son necesarias.
O Concello pode, e debe colaborar, coas distintas
organizacións que na cidade realizan unha loable labor social, facendo, por
exemplo, tralo debate pertinente, protocolos de actuación que axilicen e
optimicen os resultados según os casos.
Pero o que é inadmisible e que esta necesaria
colaboración se converta en delegación de funcións, e en mero aporte económico
mediante subvencións para manter un sistema asistencial, que é necesario, pero
que por si so non soluciona o problema, e perpetúa a marxinalidade na que están
moitas persoas.
O Concello, e calquera outra administración
pública, ten que ser parte activa, mediante as necesarias políticas sociais
públicas, na búsqueda de xustiza e igualdade social, ten que promover plans de
accións concretos, ten que prover aos servizos sociais municipais de recursos
persoais e materiais suficientes, ten, dende a xestión e titularidade pública,
moito que facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario