O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA COMPORTAMENTOS
LGTBIFÓBICOS E ESIXE A SÚA INVESTIGACIÓN.
O
CONSELLO COMARCA DE EU COMPOSTELA REITERA, UNHA VEZ MÁIS, QUE A TRAVÉS DA
EDUCACIÓN E CONCIENCIACIÓN LOGRARASE UNHA SOCIEDADE XUSTA E IGUALITARIA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
así como a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual e a Área da Mulleres
de EU Compostela, temos como prioridade a protección dos dereitos e liberdades
do colectivo LGTBI.
Tras a agresión homófoba sufrida hai varias
semanas por un compañeiro desta comarca nun pub de Santiago, foron moitas as
mostras de solidariedade e de apoio recibidas, pero, por desgraza, tamén foron
varias as denuncias de comportamentos LGTBIfóbicos sufridos en varios centros
de saúde da cidade.
Acudiron a nós persoas denunciando comentarios
como que “os homosexuais só doades sangue para asegurarse de que non tedes
SIDA” ou a perda dunha beca tras coñecer a orientación sexual da persoa
afectada, ademais do comentario que o noso compañeiro tivo que soportar por
parte dunha enfermeira tras sufrir a agresión fascista: “se non sairades da
casa isto non pasaría”.
A estas denuncias de actitudes censurables cara as
persoas que non entran na heteronormatividade, chegan queixas de comentarios
misóxinos e machistas por parte de médicos noutros centros de saúde de Santiago.
É evidente que algo está a pasar nos tempos que
vivimos, posto que estes casos non son illados, senón que se tratan dunha continua
serie de ataques e desprezos que deben chegar á súa fin inmediatamente, polo
que se require a a rápida actuación dos gobernos local e autonómico para
protexer ás súas cidadás e cidadáns.
O Consello Comarcal non deixará de loitar contra a
LGTBIfobia e o patriarcado e chama á cidadanía a denunciar estes acontecementos
e a acudir ás diferentes asociacións de carácter LGTBI e feminista para poder
axudarlle no que sexa posible.
Por iso, unha vez máis, demandamos que o Concello,
e calquera outra administración pública, leve a cabo as medidas necesarias para
garantir unha educación non sexista que contribúa na concienciación e o
respecto á diversidade afectivo-sexual e á igualdade entre mulleres e homes.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela
esiximos as distintas administración públicas que, cada unha dentro das súas
competencias, e tralo debate pertinente coas asociacións e colectivos
interesados, elabore e realice distintos plans de accións contra machismo e a
LTGBIfobia. Plans que abarquen dende a promoción e educación nos valores cívicos
para acadar unha sociedade xusta e igualitarias ata as medidas a acometer
perante as denuncias por actitudes ou actos machistas ou homofóbicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario