jueves, 16 de abril de 2015

Apoio ás traballadoras e traballadores de Blanco



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MOSTRA O SEU APOIO AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE BLANCO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ANIMA A PARTICIPAR NA MOBILIZACIÓN DE APOIO ÁS PERSOAS DESPEDIDAS QUE TERÁ LUGAR O VENRES 17 DE ABRIL ÁS 12:00 DIANTE DA TENDA DE BLANCO EN XENERAL PARDIÑAS.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera a súa defensa dos dereitos da clase traballadora, que baixo a escusa da crise-estafa que padecemos sofren o ataque constante das políticas neoliberais que procuran a súa desaparición.

É máis que evidente, grazas as medidas empezadas polo PSOE e acrecentadas polo PP, que, hoxe en día, abandonamos calquera tipo de seguridade laboral por una neoescravitude, na que as persoas non son máis que meros instrumentos ao servizo do lucro duns poucos.

Claro exemplo é o ERE na cadea téxtil Blanco, que pretende despedir a 332 persoas e pechar 12 tendas, unha delas en Santiago. Baixo o amparo de palabras como competitividade, eficacia, retabilidade, e usando una reforma laboral ao servizo do poder económico, esta empresa destruirá emprego e, por exemplo, levará a súa centralita a Dubai. O grupo saudí Alhokair cando adquiriu, a principios do ano pasado a cadea téxtil Blanco comprometeuse a manter e asumir o 1.200 postos de traballo. De que vale que un xulgado mercantil aprobe esta venta baixo a condición de que se respecten os postos de traballo, se nun ano non é máis que papel mollado. Onde están os dereitos das traballadoras e traballadores?

Por este motivo dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela animamos a participar na mobilización que terá lugar o venres, 17 de abril, ás 12:00 diante da tenda de Blanco en Xeneral Pardiñas

No hay comentarios: