O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA CENSURA A ACTITUDE DO CONCELLO COA ASOCIACIÓN DE FESTAS DO BARRIO DE
SAN PEDRO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CRITICA QUE O CONCELLO PAREZA ESTAR BUSCANDO
DAÑAR AS ACTIVIDADES DE BARRIO E OS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DA CIDADE.
Durante estes catro anos, dende o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela vimos denunciando os constantes atropelos
do Concello. Dende lexislacións municipais restritivas ata a súa endémica
corrupción, estes catro anos son catro anos perdidos para a cidade, catro anos
de desgoberno e mofa.
Agora, cando esta lexislatura remata e hai
posibilidades de cambio, parece que o Partido Popular quere morrer matando, e
agora o seu obxectivo foi a Feira de Primavera de San Pedro. A Comisión de
Festas de dito Barrio vén de denunciar que o Concello déixaos sen acceso ás
tomas de luz, supostamente por impedimentos legais, perigando así os concertos
e iluminación da festa.
Coma de costume, o PP e o alcalde da cidade,
Agustín Hernández, buscan eludir as súas responsabilidades e facer o que se
lles antolle, en lugar de poñerse a traballar para solucionar esta problemática
que non é menor, posto que a Feira da Primavera é un acontecemento moi coñecido
na cidade e arredores e supón un beneficio económico moi importante para as
persoas que residen e traballan nese barrio.
É incrible ver como o goberno municipal busca danar
ás actividades máis típicas desta cidade, xa sexa prohibindo concertos nos
locais da zona vella ou buscando que se cancelen as actividades lúdicas dunha
Feira anual.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
coma sempre, demanda que se escoite ás veciñas e veciños. O Concello ten que
ser un facilitador das iniciativas da veciñanza, e deixar de poñer obstáculos
ás actividades que enriquecen a vida da nosa cidade. Non pode ser que o
Concello abandone á Comisión de Festas do Barrio de San Pedro na mesma semana
da celebración dunha actividade tan importante.
#BarriosConLuzPropia #QueremosFestas
No hay comentarios:
Publicar un comentario