sábado, 9 de mayo de 2015

Actos en Marantes e Carballal



MARÍA ROZAS DENUNCIA A DEFICIENTE FINANCIACIÓN PARA O RURAL DE COMPOSTELA, OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS NON SATIFACEN AS DEMANDAS DAS VECIÑAS E VECIÑOS.

É NECESARIA, ENTRE OUTRAS MEDIDAS, A DESCENTRALIZACIÓN DE SERVIZOS E UN PLAN DE MOBILIDADE SUTENTABLE QUE ATENDA ÁS NECESIDADES DA VECIÑANZA.


María Rozas, xunto con Jorge Duarte e Rafa Peña, participou nos encontros de Compostela Aberta coa veciñanza de Marantes e Carballal, escoitando as distintas propostas e denuncias que dende o rural compostelá manifestan.

A descentralización de servizos, entre outras, é unha das medidas que se consideran necesarias para mellorar a realidade das parroquias. Recuperar as antigas oficinas de Enfestas na que, por exemplo, prestar servizos de asesoramento xurídico, axudaría a mellorar a situación de vida das veciñas e veciños, sentíndose parte o concello non cidadanía de segunda.

María Rozas denunciou que “os orzamentos municipais rexistran un investimento de 35,8 euros por habitante no rural, cando para a zona urbana é de 153 euros por habitante”. Acreditando a enorme diferenza na prestación de servizos que padecen as persoas que viven nas parroquias de Santiago, sendo necesario un plan de actuación que atenda as súas demandas.

“Por xustiza fiscal, ata que se equiparen os servizos que se prestan, levamos medidas de bonificación no IBI e outros tributos” expuxo María Rozas, manifestando ademais que este goberno local “gasta máis en publicidade e propaganda que en medidas para o emprego, clara mostra da nefasta xestión económica que sufrimos”.

Durante o debate que se levou a cabo coas veciñas e veciños, tanto de Marantes como de Carballal, confirmouse que é necesario a elaboración dun plan de mobilidade sustentable economica y medioambientalmente, que cubra as necesidades existentes. Sendo unha medida a ter en conta microbuses baixo demanda que, trala pertinente participación cidadá, se axuste aos horarios que a xente ten.

Por último, María Rozas lamentou as medidas contra a maioría social levadas a cabo ata o de agora, que provocan unha amarga realidade a erradicar na que 18.000 persoas deste municipio se atopan en risco de exclusión social.

No hay comentarios: