MARÍA
ROZAS MANIFESTA QUE OS ORZAMENTOS SON O CORAZÓN QUE DA VIDA A UNHA CIDADE DE
TODAS E PARA TODAS AS PERSOAS, AS VECIÑAS E VECIÑOS CODECIDIREMOS COMO DEBE
INSVESTIR O CONCELLO OS CARTOS PÚBLICOS.
COMPOSTELA
ABERTA TEN PROPOSTAS, NON VACUAS PROMESAS, PARA REVITALIZAR A VIDA COLECTIVA
NOS BARRIOS.
Martiño Noriega e María Rozas, xunto con Xan Duro,
proseguindo cos encontros con distintos barrios da cidade, escoitaron as
propostas e queixas que manifestaron as veciñas e veciños de Pontepedriña.
CA propón no seu programa recuperar os barrios
para a veciñanza, é necesario dotalos de espazos públicos que faciliten a vida
colectiva. Dende o parque infantil ata a mellora do CSC, Pontepedriña debe
beneficiarse de medidas que colaboren a satisfacer as demandas expresadas polas
veciñas e veciños.
Para María Rozas “as persoas que decidimos formar
parte de CA o fixemos polo compromiso de poder facer as cousas doutra maneira,
móvemos a ilusión por recuperar o Concello para a maioría social, facendo
propostas concretas e posibles, non vacuas promesas”.
So coa participación da cidadanía nas decisións
que lle afectan pode recuperarse unha Democracia real. Por iso “un dos eixos
fundamentais do noso programa e establecer os mecanismos para facilitar a toma
de decisións das veciñas e veciños no día a día da Corporación” asegura María
Rozas que defende alcanzar os Orzamentos Participativos o antes posible para
“non so acabar coa falta de transparencia e a corrupción, se non porque se as
persoas poden codecidir en que e como se inviste os cartos de todas e todos,
faremos colectivamente proxectos que melloren cada rúa, cada barrio, a cidade”
Entre outras medidas para Pontepedriña é necesario
procurar, o antes posible, eliminar o illamento que padece co Ensanche, ten que
levarse a cabo, a través da estación, un paso peonil que os una.
Por último María Rozas lamentou as execrables
políticas que nos levaron a que o 20 % da veciñanza se atope en risco de
exclusión social. “Temos que lograr un Concello que actúe, por suposto pode
colaborar, nunca delegar, nas entidades sociais existentes na cidade para
erradicar esta amarga realidade, pero, como servizo público que é, ten, teremos
a obriga de prestar todos os servizos sociais que sexan precisos, dende o
Servizo Municipal de Atención a Persoas sen Fogar ata, por exemplo,
subvencionar o IBI as persoas que se atopen nesta situación de risco de
exclusión”
No hay comentarios:
Publicar un comentario