lunes, 11 de mayo de 2015

Acto San Xoán de Fecha



NOA MORALES SÁNCHEZ MANIFESTA O COMPROMISO DE COMPOSTELA ABERTA COAS MELLORAS QUE O RURAL DE SANTIAGO PRECISA .

A DESCENTRALIZACIÓN DOS SERVIZOS MUNICIPAIS E UN TRANSPORTE PÚBLICO EFICAZ E EFICIENTE SON EIXOS FUNDAMENTAIS DESTE COMPROMISO.


Noa Morales Sánchez, xunto con Rafa Peña, participou nun novo encontro de CA coa veciñanza do rural, nesta ocasión escoitáronse as demandas de San Xoán de Fecha.

Certificouse, unha vez máis, que as veciñas e veciños das parroquias padecen serias carencias. É inadmisible que pese a pagar por eles, cunha carga impositiva similar ás persoas que viven no centro da cidade, os servizos aos que teñen dereito non cubren as súas necesidade

Xa sexa o transporte público, saneamento ou, por exemplo, o mantemento das infraestruturas é necesario, a través da participación cidadá, acometer plans de actuacións específicos para o rural co fin de garantizar o benestar da veciñanza.

Para Noa Morales Sánchez “as persoas que formamos parte de Compostela Aberta cremos que outra xeito de facer as cousas é posible, estamos aquí polo fartazgo cidadá a catro anos de nefasta xestión do Partido Popular, podre de corrupción e contra a maioría social”.

“É incrible que no rural se invista cinco veces menos que no centro da cidade” denunciou Noa Morales Sánchez, por iso é necesario artellar os mecanismos para acadar a Democracia Participativa, a cidadanía ten que ser partícipe nas decisións que afecten á súa rúa, o seu barrio ou parroquia, á cidade.

No debate coa veciñas e veciños valorouse positivamente a descentralización dos servizos municipais, o antigo local de Enfesta pode habilitarse para facilitar as distintas xestións municipais. Tamén se expuxo que unha das medidas posibles para mellorar o servizo que transporte público son os microbuses baixo demanda.

Por último indicouse que as persoas que sexan elixidas para representar a CA na Corporación Municipal, manterán periodicamente encontros coas veciñas e veciños para someterse á fiscalización do traballo realizado.

No hay comentarios: