O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA PRESENTA ALEGACIÓNS AOS PGE 2016 POR IMPORTE DUNS 15 MILLÓS DE EUROS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA MAIORES RECURSOS PARA MANTEMENTO E
CONSTRUCIÓNS DAS INFRAESTRUTURAS QUE SANTIAGO PRECISA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
a través do grupo parlamentario de Izquierda Unida, presenta alegacións aos PGE
2016 ante a necesidade de investimentos que precisa Santiago e a súa comarca.
Entre as alegacións presentadas está a necesidade
de executar, coa maior rapidez posible, a construción da nova depuradora. Por
desgraza é evidente que a día de hoxe a situación que padece a nosa comarca
supón un risco medio ambiental e de saúde público. Por tal motivo esiximos un
adianto da contía prevista para o 2017 para o ano 2016, e poder así contar
canto antes coa depuración de augas que precisamos.
Para o Consello Comarcal de EU Compostela un novo
modelo sustentable económica e medioambiental de transporte público e máis
necesario que nunca. Tanto o tren como o autobús teñen que ter un rol
determinante neste novo modelo que se debe levar a cabo. Por iso demandamos,
nas alegacións presentadas, que se dote debidamente tanto a construción da estación intermodal, na
que o tren de proximidade e diferentes liñas de autobús urbano, interurbano e
de largo de recorrido sexan una realidade o antes posible, como o estudo para
facer real un plan global de mobilidade sustentable.
Por suposto neste novo modelo de mobilidade non só
ten que abarcar o transporte de persoas, as mercadorías tamén teñen que ser
tomadas en conta. Debido o cal o presentamos unha alegación pedindo a
construción da estación de mercadorías da Sionlla.
En relación coas infraestruturas da cidade, o
Consello Comarcal fixo unha alegación requirindo que se acometan con urxencia
as obras de pavimentación e melloras na seguridade viaria na N-550.
Respecto ao patrimonio histórico e cultural para a
cidade que supón o Castelo da Rocha Forte, insistimos en que se continúe a súa
posta en valor, proseguindo coa súa restauración e acondicionamento.
Consideramos que é necesario que se orzamente un acceso peonil desde o centro
da Rocha ao Castelo.
Por último, para mellorar o financiamento que o
Concello precisa, demandamos que o Consorcio volva a ser o que foi. Nos últimos
anos pasou dunha dotación duns 11 millóns de euros ato os escasos 4.795.150 da
actualidade. Pedimos que, polo menos, sexa duns 7 millóns de euros..
No hay comentarios:
Publicar un comentario