O CONSELLO COMARCA DE EU COMPOSTELA VALORA NEGATIVAMENTE OS DATOS DO 2009 NO NÚMERO DE USUARIOS DE AUTOBUSES PÚBLICOS NA NOSA CIDADE.
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE UN MAIOR INVESTIMENTO PARA A MELLORA DO TRANPORTE PÚBLICO.
CÓMPRE COMEZAR CON MEDIDAS SERIAS SE QUEREMOS DE VERDADE CONTRIBUIR CO MEDIOAMBIENTE E ACADAR UN NOVO MODELO.
O consello comarcal de Esquerda Unida Compostela critica duramente as escusas peregrinas argumentadas polo Concello para xustificar a baixada de usuarios no transporte público. En primer lugar non é concebible considerar a crise económica como causante desta baixada, porque precisamente un transporte público, de calidade e económico, sería unha solución moi acaída para os afogos económicos dos habitantes do noso municipio e comarca.
Tampouco a pueril argumentación de que o ano 2008 tivo máis días laborables, só tres, pode xustificar unha baixa de usuarios superior ao dous por cento, e, moito menos, que a xusta reinvindicación dos gandeiros do noso país coas tratoradas supoña, segundo os responsables de Trasnportes da nosa cidade, un retrotraemento dos usuarios á hora de tomar o autobús como medio de transporte.
Dende EU Compostela consideramos laboura indispensable deste Concello, e de calquera outro, a promoción do transporte público, polo que se deben executar medidas orzamentarias que conleven unha mellora sustancial da calidade do servizo, e medidas para elevar a deficitaria eficacia e eficiencia actual, que permitan subsanar as eivas que sofre o transporte público na nosa cidade e que, de seguro, teñen algo que ver coa redución de usuarios: accesibilidade, frecuencias, conectividade cos municipios limítrofes, deficiencias informativas; etc..
En último lugar, e non por elo menos importante, dende Esquerda Unida consideramos de vital importancia o papel que os Concellos deben ter á hora de promover un cambio no modelo de crecemento económico actual, insolidario e insustentable, para acadar outro no que o transporte público sexa de verdade a pedra angular que substitúa a necesidade, electoralista, de infraestruturas custosas, que palien o caos circulatorio do excesivo tráfico que sufren as rúas das nosas cidades, e que provoca a contaminación ambiental e acústica que merma a calidade de vida da xente.
Tamén queremos volver a esixir, como xa fixéramos en febreiro deste ano, que, no tocante ao servizo de transporte metropolitano, se dea marcha atrás e se retome a gratuidade para o coletivo da terceira idade e se inclúa nesta gratuidade ás persoas cunha discapacidade superior o 33%. En caso contrario, para o ano que vén, atoparémonos que, de novo, a crise ten a culpa do descenso de usuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario