martes, 9 de noviembre de 2010

Xuntanza coa AVV do Castiñeiriño

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNESE COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DO CASTIÑEIRIÑO

A ASOCIACIÓN MANIFESTA A SÚA PREOCUPACIÓN PORQUE O DESENVOLMENTO URBANÍSTICO NON VEÑA ACOMPAÑADO POLA DOTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS NECESARIOS.

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIA A REINVIDACIÓN DOS VECIÑOS DUNHA GARDERÍA PÚBLICA

Membros do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, encabezados polo coordinador comarcal Xabier Ron, reuníronse o luns 8 de novembro coa directiva da asociación de veciños do Castiñeiriño, dentro do programa de visitas ó tecido do movemento asociativo e veciñal de Compostela, co fin de pulsar as distintas opinións sobre a situación da cidade, e coñecer de primeira man as súas eivas e tamén as posibles solucións.

Durante a reunión os directivos e directivas da asociación manifestaron a súa preocupación porque o desenvolvemento urbanístico que está a sufrir o barrio non veña acompañado polo servizos públicos necesarios, como pode ser a apertura dun centro de día, para dar resposta as novas necesidades e as xa existentes dos veciños e veciñas. Servizos públicos que axuden a fomentar a vida social no barrio, para que este non quede reducido a un barrio dormitorio.

Por último EU Compostela apoia a petición da asociación de veciños e veciñas do Castiñeiriño dunha gardería pública que faga fronte a demanda existente no barrio, que se verá aumentada polos novos habitantes que fixarán a súa residencia neste barrio.

No hay comentarios: