miércoles, 22 de diciembre de 2010

Regulación semafórica coherente

COMUNICADO DE PRENSA .

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE O GOBERNO LOCAL QUE REGULE COHERENTEMENTE OS SEMÁFOROS DE SANTIAGO.

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA PIDE QUE OS SEMÁFOROS DA AVDA. SANTIAGO DE CUBA, NECESARIOS PARA ACUDIR O CENTRO SOCIOCULTURAL DO BARRIO DO CASTIÑEIRIÑO, REGULEN CON LÓXICA O TEMPO DE ESPERA DOS PEÓNS
.


Esquerda Unida Compostela considera que unha labor importante de calquera concello, é a de regular con eficacia o transito diario de persoas e vehículos polas distintas rúas da cidade, minimizando as molestias que poida causar.

Labor que ten como punto primordial o de coordinar con coherencia os distinto espazos habilitados nos que poden transitar tanto persoas como vehículos, especialmente os pasos de peóns, nos que loxicamente e inevitable un tempo de espera para poder transitar por eles, tanto polas persoas como polos vehículos, pero sempre aplicando criterios que non penalicen a algún destes usuarios ou incrementen as molestias que se poidan xerar neste lugares.

Pero o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela constata que, tras diversas queixas recibidas, no barrio do Castiñeiriño hai varios pasos de peóns, con regulación semafórica por pulsación para as persoas, situados na Avda. de Santiago de Cuba que incumpren por completo a coherencia que debe rexer a regulación do tráfico por parte do Concello, pois a regulación semafórica destes pasos de peóns, necesario para moitos veciños e veciñas do barrio para acudir o centro sociocultural, retenos durante un tempo excesivo antes de permitir o seu paso.

Por iso dende EU Compostela esiximos o equipo de goberno que diminúa o tempo de espera das persoas neste paso de peóns, aínda que sexa un lugar de gran afluencia de vehículos, porque non se pode primar o seu transito en detrimento, en moitos casos, dos usuarios e usuarias do CSC Agustín Bueno, que, dende menores a persoas maiores, acoden as diferentes actividades que levan a cabo neste espazo público, e que ven incrementado o seu malestar no inverno pois, ademais da larga espera para cruzar, hai que engadir a climatoloxía adversa.
Decembro de 2010

sábado, 18 de diciembre de 2010

Situación política do Concello

COMUNICADO DE PRENSA .

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA LAMENTA A INCONSISTENCIA IDEOLÓXICA E POLÍTICA DO CONCELLO E DA OPOSICIÓN
.

Esquerda Unida Compostela expresa o eu malestar polos espectáculos circenses en que se están convertendo os plenos do Concello de Santiago de Compostela. Os responsables do goberno e da oposición esquecen que, tal como aconteceu co pleno de debate do estado do Concello, as súas palabras, discursos e xestos son e serán ollados pola cidadanía.

O consello comarcal de Esquerda Unida lamenta a inconsistencia política e ideolóxica tanto do equipo de goberno como da oposición. Os primeiros incapaces de facer autocrítica e os segundos incapaces de facer unha oposición construtiva, incapaces de ir máis aló do rédito electoralista. Ambos convertendo o pleno do concello nun debate de intimidades lamentables e deteriorando aínda máis a imaxe da política.

Triste é que un día despois de terse producido o debate nos enteremos do esencial e que nós, Esquerda Unida Compostela, xa sabiamos: a nosa cidade, segundo o Anuario Estatístico 2010, perdeu habitantes no 2009 e, malia iso, seguiu aumentando en persoas en situación de desemprego. Iso é o que deberan ter en perspectiva goberno e oposición: hai 7548 persoas en situación de desemprego ao mesmo tempo que se reduce a poboación que se asenta en Compostela. A nosa organización está convencida que cando saian os datos do presente ano 2010 os números serán aínda máis negativos.

As solucións, desde logo, non poden vir da construción de máis e máis vivendas –nunha cidade que ten milleiros de vivendas baleiras- se estas non se acompañan dunha perspectiva realmente social. Por poñer simplemente un exemplo: na zona do Castiñeiriño ofértanse pisos de 80 m2 en réxime de cooperativa e con protección autonómica cun prezo superior aos 140.000 euros. Con esta política de prezos, co contexto de crise e de dificultades sociolaborais en constante crecemento debido á inxusta reforma laboral, imposible acceder a unha vivenda. Se a esas circunstancias lle engadimos a carencia dun parque público de vivendas de aluguer social, a rixidez na aplicación da norma de reempadronamento para persoas migrantes, resulta difícil que as persoas se asenten na nosa cidade.

Desde Esquerda Unida Compostela consideramos que co deseño dunha valente política de emprego público desde o eido local –que contrarreste os efectos negativos da reforma laboral- e co artellamento dunha necesaria política de vivenda pública e social podería comezarse a traballar de verdade para as persoas que viven na cidade. E pedísmoslle ao goberno e á oposición que fagan de verdade política e que non fagan realidade aquilo de “como non hai pan, deámoslle circo” á sociedade.


Decembro 2010

viernes, 17 de diciembre de 2010

Pregunta estado beirarrúas e estradas

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentou unha nova pregunta o Concello de Santiago, neste ocassión é debido o mal estado de beirarrúas e estradas no barrio da Almáciga e, por desgracia, no resto da cidade, posto que nunha das medidas a tomar, según os acordos de goberno do PSOE e BNG, se pode ler textualmente “Mellorar a rede local de estradas e pistas de comunicación entre núcleos e incrementar a calidade dos espazos públicos en todo o municipio con plans integrais de mellora dos barrios e núcleos rurais"


jueves, 16 de diciembre de 2010

Defensa das persoas migrantes

COMUNICADO DE PRENSA .

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTA A SÚA PREOCUPACIÓN POLOS ATAQUES OS SEUS DEREITOS QUE SOFREN AS PERSOAS MIGRANTES .

EU COMPOSTELA ESIXE A TÓDALAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS QUE SE COMPROMETAN NA LOITA CONTRA A DISCRIMINACIÓN.

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PARTICIPA E ANIMA A PARTICIPAR NOS DIFERENTES ACTOS QUE SE LEVARÁN A CABO POLO DÍA INTERNACIONAL DAS MIGRACIÓNS.


O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera a súa preocupación polas políticas racista que se están a levar a cabo dende tódalas administración públicas, tanto de Europa como de España, como claramente se reflexa nas Directivas da Vergoña e coa Reforma da Lei de Estranxeiría.

Racismo institucional que quedou claramente refletido o pasado 13 de decembro de 2010, cando no Parlamento Europeo comezouse a debater unha norma polémica, que amosa ben de que forma a Unión Europea naufraga; unha norma anti-persoas migrantes e que consiste en que no seo da Unión Europea os traballadores non comunitarios teñan só os dereitos laborais do seu país de orixe e non os que teñen os traballadores comunitarios. En certo modo é unha Directiva Bolkestein aplicada ás persoas migrantes. Unha auténtica aberración! E, por riba, queren que as pensións só se poidan cobrar no país europeo onde se xerou.

Lamentables actitudes por parte de tódalas administración pública que, unha vez máis, se mostraron en Santiago de Compostela, pois cando tivo lugar o Foro 2010 de Educación Mundial para a Paz, o goberno non concedeu visados a persoas de Nixeria, Guinea-Bissau, Senegal, Serra Leoa, Haití, etc. para que puidesen participar e achegar a súa perspectiva sobre a necesaria cultura de paz, mostrando a súa hipocresía o figurar na publicidade como colaborador do evento.

Por todo isto o Esquerda Unida Compostela considera que se as administracións públicas non mudan o paso das leis que ditan, se non cambian o seu discurso racista, demagogo e populista, é a Democracia a que perde o paso definitivamente.

Por último o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela recordamos que esta semana haberá diversos actos en toda Galicia, un deles o festival intercultural e reivindicativo que terá lugar na Casa das Asociacións de Cornes en Compostela, a partir das 19h, o venres 17 de decembro. Animando, dende EU Compostela, a que se acheguen as persoas que desexen un mundo máis xusto e respectuoso cos Dereitos Humanos
Decembro 2010

lunes, 13 de diciembre de 2010

Racismo institucional

COMUNICADO DE PRENSA .

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA A EXISTENCIA DA NORMA DE REEMPADRONAMENTO, VERDADEIRA MOSTRA DE DISCRIMINACIÓN INSTITUCIONAL.


Despois de ollar como o alcalde semella xactarse de dar de baixa do padrón a persoas migrantes porque non se reempadronan, Xabier Ron, coordinador comarcal de EU Compostela e responsable da Secretaría de Movementos Sociais de Esquerda Unida, quere lembrar que esta norma é discriminatoria. Ademais, como nos consta, non se dá un correcto asesoramento a este respecto e ignórase a mobilidade da poboación migrante que, polas mesmas circunstancias que a poboación autóctona, pode cambiar de residencia pero residir no mesmo concello ou estar ausente un tempo por diferentes circunstancias persoais.

Desde o Consello Comarcal denunciamos, unha vez máis, a obriga, para as persoas estranxeiras non comunitarias sen autorización de residencia permanente, de reempadronarse cada dous anos. Esta norma, introducida na LO 14/2003, instituida polo Goberno de Aznar e pactada polo PSOE, ten graves consecuencias para estas persoas:
a) a perda da antigüidade para solicitar arraigo (social e/ou laboral);
b) a perda de axudas e prestacións institucionais en materia de bolsas de aluguer, bolsas de comedor;
c) en consecuencia, a perda do estatuto xurídico de veciño ou veciña da localidade con todos os dereitos e deberes que implica (artigo 18.1 da Lei das Bases de Réxime Local).

O concello, a administración que neles se institúe, vai posuir cada vez un rol máis determinante. Será o caso das solicitudes de permisos de residencia por arraigo social, ben sexa emitindo o informe sobre o grao de integración social dunha persoa, ou nos informes que emiten para recomendar que se exima a unha persoa determinada dun contrato de traballo anual, ou cos permisos de residencia dos fillos de residentes en situación regularizada.

Tendo en conta que a norma conleva a destrución da condición de veciño ou veciña, de que é moi dubidosa a súa constitucionalidade e de que establece unha discriminación entre persoas que viven na mesma localidade (non aplicable aos “autóctonos”), desde Esquerda Unida Compostela instamos ó Concello a poñer en marcha as seguintes medidas:
a) asumir con carácter crítico o principio de autonomía municipal, tal como proclama o borrador do Libro branco para a reforma do goberno local en España;
b) elevar ao Goberno da Xunta de Galicia a necesidade de suprimir a norma do reempadronamento;
c) respectar o principio tantas veces proclamado de cidadanía municipal e asumir a responsabilidade política e social de crear unha cidadanía sen exclusións.
decembro-2010

viernes, 3 de diciembre de 2010

Moción mantemento 426 Euros

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presenta unha nova moción, nesta ocasión pedimos o MANTEMENTO DA AXUDA DE 426 EUROS A PERSOAS DESEMPREGADAS SEN PRESTACIÓNS, na que instamos o Pleno a que esixa o goberno do Estado que manteña esta axuda, porque a consideramos necesaria na crise que padecemos.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Moción taxa a caixeiros automáticos

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presenta unha nova moción, nesta ocasión pedimos o pleno do concello de Santiago que ELABORE E APROBE A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓN DE CAIXEIROS AUTOMÁTICOS NAS FACHADAS DOS INMOBLES CON ACCESO DIRECTO DENDE A VÍA PÚBLICA, porque, tal e como aclaramos na exposición de motivos, o Tribunal Supremo deu vía libre para este cobro pola utilización intensiva que os caixeiros automáticos fan dos espazos públicos.