Na noite que leva do
xoves 3 ao venres 4 de novembro de 2011 iniciarase unha das campañas electorais
máis decisivas para a cidadanía: seguir a expensas dos ditados dos donos do
capital e dos mercados financeiros ou sacudirse ese dominio e comezar a
afortalar as políticas sociais ao mesmo tempo que recuperamos a economía real e
produtiva.
Con ese desexo
traballa Esquerda Unida Compostela, porque, tal como se demostrou nas vindeiras
municipais de maio de 2011, cada vez máis persoas confian no programa de
Esquerda Unida, un programa alternativo, que non se resigna a vivir na negrura
e no medo que é do que vive hoxe a oligarquía financeira.
Co obxectivo de
acadarmos ter un grupo forte em Madrid, quen de defender os intereses da clase
traballadora galega, nunha lista encabezada por María Luz Canal Paz, a
agrupación comarcal de Esquerda Unida Compostela figura representada nas listas
electorais ao Congreso por Maria Rozas, Antonio Olives (independente), Celia
Fernández e Miguel Angel Touriño (suplente); pola súa banda, Eduardo de Rojas
Rebolledo (independente) e Marta Marroquín representarán á nosa agrupación nas
listas polo Senado.
Está previsto que a
cabeza de lista pola provincia de A Coruña, María Luz Canal, estea no acto
central que Esquerda Unida Compostela desenvolverá no Centro Sociocultural do
Ensanche entre as 19h e as 21h, acompañada por María Rozas (nº 3 ao Congreso),
por Esther López, deputada no País Valenciá e que foi responsable de mocidade
en Madrid, e por Xabier Ron, coordinador comarcal de Esquerda Unida Compostela.
1 comentario:
ONDE PODEMOS CONSULTAR QUÉ DÍA SERÁ O ACTO PRINCIPAL E OS RESTANTES MITINS?
Publicar un comentario