O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentou unha nova pregunta, nesta ocasión requerimos ó Concello, tal é coma xa fixeramos coas instalacións do antigo Hospital Xeral de Galeras, que nos informe se ten previsto algunha utiliade pública para as instalacións da terminal do antigo aeroporto.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que unha das
labores fundamentais de calquera Administración Pública é a de velar que
calquera inversión pública en instalacións feita nun municipio manteña sempre
unha utilidade que satisfaga as necesidades das persoas e non ó lucro da
especulación.
O gasto de recursos públicos en custosas e moitas veces cuestionadas obras de grandes infraestruturas, sirve de
exemplo para dicir que recentemente se
inagurou na nosa cidade unha nova e magna terminal aeroportuaria que provocou a
caída en desuso do antigo aeroporto, que según moitas fontes non chegara a súa
máxima operatividade pois ten unha capacidade mínima en torno a 2,5 millóns de
pasaxeiros anuais e según os datos do 2011, ano no que se chegou o record
histórico, o pasaxeiros foron 2,4 millóns.
Obviamente unha vez feita esta obra, e tal e como xa manifestáramos con anterioridade
respecto as antigas instalacións do Hospital Xeral de Galeras, Esquerda Unida
considera que o actual equipo de goberno local do PP non pode, unha vez máis,
perder a oportunidade de realizar os esforzos necesarios para utilizar o
edificio e terreos do antigo aeroporto en beneficio da cidadanía, abrindo de
inmediato o debate pertinente co tecido asociativo da cidade para atopar o
mellor uso posible a estas instalacións.
Por suposto o que o Consello Comarcal de EU Compostela non tolerará é que
unhas instalacións realizadas a conta do erario público acaben, pola desidia ou
interese das distintas Administracións Públicas, para un uso lucrativo privado
en lugar de prestar algún dos servizos que a cidadanía reclama.
Por todo isto a agrupación comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
1) Ten previsto o Concello algunha outra utilidade pública para as instalacións
do antigo aeroporto?
2) Ten previsto o Concello de Santiago instar ou colaborar con AENA para
acadar dita utilidade a prol da cidadanía?
No hay comentarios:
Publicar un comentario